Enrique Álvarez Sanjuan, máis coñecido como Quique Álvarez, nado en Vigo o 20 de xullo de 1975, é un futbolista galego. Xoga de defensa e actualmente atópase sen equipo. É fillo do tamén futbolista Quique Costas.

Traxectoria Aínda que que naceu en Galicia, pasou a súa infancia en Barcelona debido a que seu pai foi contratado polo FC Barcelona. Formouse coma futbolista nas categorías inferiores do FC Barcelona, equipo co que chegou a disputar un encontro na primeira división na tempada 1995-96. Na súa etapa coma xogador no Barcelona B chegou a coincidir con seu pai coma adestrador do segundo equipo do FC Barcelona. Tras xogar varios anos no filial barcelonista xogou a tempada 1997-98 no CD Logroñés, tamén da segunda división. Ao ano seguinte foi contratado pola UE Lleida equipo da mesma categoría no que xogou dúas tempadas. No equipo da Terra Ferma tivo coma adestrador a Víctor Muñoz, quen ao ser contratado polo Villarreal CF tralo seu ascenso a primeira, conseguiu que Quique fose contratado polo equipo da Plana Baixa.

No Villarreal CF estivo un total de sete tempadas na primeira división, disputando un total de 187 partidos, sendo o segundo xogador que máis partidos disputou coa camisola amarela en primeira división, e só superado por Rodolfo Arruabarrena. No Villarreal CF chegou a ser un dos capitáns do equipo e no partido da 37ª xornada da tempada 2006-07, recibiu a insignia do club pola súa traxectoria. O seu contrato co Villarreal CF rematou o 30 de xuño de 2007 e non foi renovado. Tras ficar ceibe, foi contratado polo Recreativo de Huelva a petición do técnico do equipo andaluz Víctor Muñoz, quen xa dirixiu a Quique Álvarez no Logroñés, Lleida e Villarreal CF.

Clubs ClubPaísAnoFC Barcelona Bborder|20px España1993−1995FC Barcelonaborder|20px España1995−1997CD Logroñésborder|20px España1997−1998UE Lleidaborder|20px España1998−2000Villarreal CFborder|20px España2000−2007Recreativo de Huelvaborder|20px España2007−2009

Palmarés 2 Intertoto (2003 e 2004). Semifinalista da Copa da UEFA (2004). Semifinalista da Copa de Europa (2006).

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na web da LFP Ficha na web da UEFA (en inglés) Novas sobre Quique Álvarez na web da UEFA

Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Futbolistas de Vigo Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do CD Logroñés Categoría:Xogadores da UE Lleida Categoría:Xogadores do Villarreal CF Categoría:Xogadores do Recreativo de Huelva