Lagartija Nick é un grupo granadino de rock. Formado por Antonio Arias (baixista de 091), o seu nome procede do título dunha canción do grupo británico Bauhaus.

Traxectoria Ó longo da súa historia tivo numerosos cambios de formación, sendo Antonio Arias o único membro permanente do grupo. Tamén evolucionou o seu estilo. Na actualidade editan baixo o seu propio selo. Ó longo de case 20 anos permaneceron alleos a calquera moda ou corrente, fieis a un estilo propio e a unha linguaxe tan visual como única: noise, punk, industrial, garage, psicodelia, flamenco.

Discografía Hipnosis (1991) Inercia (1992) Su (1995) Omega (1996, con Enrique Morente) Val Del Omar (1998) Space 1999 (EP, 1999) Lagartija Nick (2000) Ulterior (2001) Lo Imprevisto (2004) El Shock De Leia (2007)

Véxase tamén Ligazóns externas www.lagartijanick.com myspace

Categoría:Grupos musicais de Andalucía Categoría:Grupos musicais de rock