Helena Rosa de Carlos Villamarín, coñecida como Helena de Carlos, nada na Barca de Barbantes (Cenlle) o 23 de maio de 1964, é unha poeta e latinista galega.

Traxectoria Aínda que naceu en Cenlle, pasou a súa infancia e mocidade en Vigo. É doutora en Filoloxía clásica, coa tese Las Antigüedades de España fundadores y reyes míticos en la literatura medieval, dirixida por José Manuel Díaz de Bustamante (1992), e catedrática de Filoloxía Latina da Universidade de Santiago de Compostela. Especializada en estudos sobre a latinidade medieval, levou a cabo as súas investigacións en cidades como Lisboa, Múnic e Florencia. Colaborou en diversas publicacións como Nordés, Festa da Palabra Silenciada, Dorna, Ólisbos e Alquimia.

Obra miniatura|Clásicos en Galego. 25: Consolación da filosofía. Poesía Alta casa (1996). Culleredo: Espiral Maior. ISBN 84-88137-82-6. 1999 (2001). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-8302-697-7. Aracné 3 (2006). Antoloxía, Concello de Santiago de Compostela. ISBN 84-8064-167-3. Vigo (2007). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-9865-004-4. Imago (2023). Faktoría K. ISBN 978-84-19213-40-2.

Ensaio Las antigüedades de España: fundadores y reyes míticos en la literatura medieval (1993). Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-997-4.

Las antigüedades de Hispania (1996). Spoleto : Centro italiano di studi sull'alto Medioevo. ISBN 88-7988-467-0.

Traducións Consolación da filosofía, de Boecio, (2005). Vigo: Galaxia, Clásicos en Galego. ISBN 84-453-4187-1. Utopía, de Tomás Moro (2011). Universidade de Santiago de Compostela). ISBN 978-84-9887-708-3

Obras colectivas O mar de adentro (1990). Edicións do Dragón. Reflexos. Semana da Cultura Galega em Lisboa, (2007). Lisboa: Portugalizando. Escritos jacobeos (2010). Universidade de Santiago de Compostela).

Premios Premio da Crítica de poesía galega no 2007, por Vigo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas A onomástica e as lendas de Troia - VII Xornada de Onomástica Galega (2023). YouTube

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Nados en Cenlle Categoría:Latinistas Categoría:Nados en 1964 Categoría:Tradutores do latín Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela