Máximo Marcelo Torcuato de Alvear Pacheco, nado en Buenos Aires o 4 de outubro de 1868 e finado en Don Torcuato o 23 de abril de 1942, foi un avogado e político arxentino, que foi presidente da Arxentina entre 1922 e 1928.
Foi líder da facción antipersonalista da Unión Cívica Radical, opositora a Hipólito Yrigoyen. En contraste con Yrigoyen, pertenceu á aristocracía bonaerense, algo que nunca escondeu.
Durante o seu goberno, a economía arxentina presentou un desempeño fraco. Durante o segundo mandato de Yrigoyen, Alvear tornouse líder do partido e liderou unha frustrada oposición ós gobernos conservadores que o seguiran. Como resultado, foi preso e deportado a Europa.
Categoría:Presidentes da Arxentina Categoría:Nados en 1868 Categoría:Finados en 1942 Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Deputados do Congreso da Nación Arxentina