Santa María de Ferreira é unha parroquia do concello do Valadouro, comarca da Mariña Central, provincia de Lugo. Nela está situada a localidade de Ferreira, capitalidade do concello.
Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 926 habitantes (435 homes e 491 mulleres), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento con respecto a 2011, cando tiña 821 habitantes.
Historia A parroquia foi creada en 1896, segregándose os seus lugares da Laxe e de Santa Cruz do Valadouro.
Eclesiasticamente, contén tamén O Reirado (Alfoz do Castrodouro).
Patrimonio Igrexa de Ferreira, de estilo neogótico, obra do arquitecto lucense Ruperto Sánchez (1911-1931 nave e ábsidas, 1955 torre).
Festas Festas do Oito, do 7 ao 10 de setembro. Mercado Tradicional de Primavera. Feira do mel.
Lugares e parroquias Lugares de Ferreira
Parroquias do Valadouro
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares do Valadouro
Categoría:Parroquias do Valadouro Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María Categoría:Parroquias civís galegas que non coinciden coas eclesiásticas Categoría:Parroquias eclesiásticas galegas que non coinciden coas civís