San Xurxo de Goá é unha parroquia do concello de Cospeito na comarca da Terra Chá, pertencente ao arciprestado de Baroncelle, delimitada polas parroquias de Moncelos polo norte; Roás e Santa Cristina polo sur; Muimenta polo leste e Árbol polo oeste.

En 2011 tiña 570 habitantes repartidos en 11,9 km² (47,89 hab/km²) e agrupados en 30 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 714 habitantes.

Lugares e parroquias Lugares de Goá

Parroquias de Cospeito

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cospeito Ligazóns externas A parroquia de Goá na web do concello de Cospeito

Categoría:Parroquias de Cospeito Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xurxo