Os Premios Nacionais da Cultura Galega son uns galardóns concedidos pola Xunta de Galicia a creadores vivos ou a colectivos (preferentemente a persoas), que destacaran nese ano polo seu labor en diversos campos artísticos e sociais ou en recoñecemento a unha traxectoria. Os premiados son seleccionados por un xurado único formado por quince persoas.

Os premios convocáronse só no ano 2008, edición na cal os galardoados recibiron 15.000 euros de premio e unha escultura de Ignacio Basallo, de 32 cm de alto e en madeira de castiñeiro. Os galardoados anúncianse a finais do mes de maio.

O conselleiro de Cultura, Roberto Varela anunciou a fin destes premios que pasaron a denominarse Premios da Cultura Galega e só contaría con cinco categoríasOs premios da cultura galega deixan de ser nacionais , A Nosa Terra. Finalmente foron 7 as categoríasA Xunta crea os Premios da Cultura Galega , A Nosa Terra, 5/10/2010..

Categorías Premio Nacional de Arquitectura e espazos públicos Premio Nacional de Artes visuais Premio Nacional de Artes escénicas Premio Nacional de Literatura Premio Nacional de Música Premio Nacional de Patrimonio cultural Premio Nacional de Pensamento e cultura científica Premio Nacional de Cine e audiovisual Premio Nacional de Iniciativa cultural Premio Nacional de Cultura tradicional e de base

Premiados no ano 2008

Manuel Gallego Jorreto • Arquitectura e espazos públicos Francisco Leiro • Artes visuais Manuel Lourenzo • Artes escénicas Xosé Luís Méndez Ferrín • Literatura Mercedes Peón • Música Remodelación urbana de Pontevedra • Patrimonio cultural Francisco Díaz-Fierros • Pensamento e Cultura científica Margarita Ledo • Cine e audiovisual Laboratorio de Formas • Iniciativa cultural Museo do Pobo Galego • Cultura tradicional e de base Notas

Véxase tamén Ligazóns externas En formatos OO e PDF, convocatoria dos Premios Nacionais de Cultura Galega, publicada no Diario Oficial de Galicia do luns, 24 de marzo de 2008 (páxina 4826)

Nacionais da Cultura Galega