O Congreso Nacional Africano (CNA, en inglés African National Congress, ANC ) é un partido surafricano que se fundou o 8 de xaneiro de 1912 en Bloemfontein co nome de Congreso Nacional Nativo Surafricano co obxectivo de defender os dereitos da maioría negra, entre os fundadores salienta o poeta Sol Plaatje e John Dube o seu primeiro presidente pero o seu dirixente máis coñecido foi Nelson Mandela. En 1923 mudou ao seu actual nome e a partir de 1948 tivo un papel destacado na loita contra o apartheid. Desde o establecemento da democracia en 1994 é o partido do goberno, apoiado nunha alianza tripartita na que tamén entran o Congreso de Sindicatos de Suráfrica (Congress of South African Trade Unions - COSATU) e o Partido Comunista de Suráfrica (South African Communist Party- SACP). Forma parte da Internacional Socialista.

Algúns líderes Nelson Mandela Oliver Tambo Walter Sisulu Albert Lutuli Thabo Mbeki John Dube Cyril Ramaphosa Jacob Zuma Jessie Duarte

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do Congreso Nacional Africano

Categoría:Partidos políticos de Suráfrica Categoría:Membros da Internacional Socialista Categoría:Partidos socialdemócratas Categoría:Movementos de liberación nacional