Alcalá del Río é unha vila da provincia de Sevilla, Andalucía, España.

Xeografía

No ano 2005 contaba con 9.317 habitantes. A súa extensión superficial é de 83 km² e ten unha densidade de 112,3 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 37º 31' N, 5º 58' W. Atópase situada a unha altitude de 30 metros e a 13 quilómetros da capital de provincia, Sevilla.

O seu xentilicio é alcalareño/a. A súa localización corresponde á antiga Ilipa Magna romana.

Sociedade

Alcalá del Río posúe unha importante feira que transcorre sempre ao redor do 9 de setembro, día do patrón San Gregorio Osset.

Véxase tamén Ligazóns externas

Alcalá del Río - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía Patrimonio cultural de Alcalá del Río na Guía dixital do Patrimonio Cultural de Andalucía. Instituto Andaluz do Patrimonio Histórico.

Categoría:Concellos da provincia de Sevilla