¡Asústate, Merche! é unha novela de Fina Casalderrey, publicada por Edicións Xerais en 1994. Está estruturada en tres partes, e consta de 44 capítulos.

Personaxes Principais Auria é unha adolescente de 15 anos que vive nunha vida que ela non elixiu e que experimenta unha nova experiencia que transforma o seu decorrer vital por completo e a obriga a pensar nunha solución drástica como é o suicidio. Logo dunha viaxe por Europa xunto con persoas coñecidas e tamén descoñecidas descobre o amor, algo que xamais se lle pasara pola cabeza, e descobre que a vida pode chegar a ser máis dura do que se imaxinaba. Paio é o sobriño de Salvador, o profesor de relixión e cura da parroquia, e acode xunto co resto do grupo á viaxe que leva ós rapaces por todo Europa, o amor sorpréndeo á volta desta viaxe cando descobre os seus sentimentos por Auria. É adoptado e isto cáusalle certos problemas na súa relación con Auria, a pesar de que esta o descobre case sen querer. Merche é o diario de Auria, e a pesar de ser un diario ela veo como se fose unha amiga á que poder contarlle todo o que sente e pensa.

Secundarias Frida convértese na mellor amiga de Auria logo da viaxe, sofre graves problemas familiares e por iso debe mudarse con toda a familia a Valencia, aínda así non perde o contacto con Auria. Salvador é o cura da parroquia ademais do mestre de relixión do instituto no que estuda Auria, a súa fe derrúbase un pouco cando se dá conta de que está namorado da nai de Auria, e estes comparten unha bela historia de amor.

Traducións Ao catalán por Pau Joan Hernàndez Fuenmayor co título de Ostres, tu, saps què? publicado en 1996 pola Editorial Cruïlla, Col. Gran Angular.

Ao castelán tamén por Pau Joan Hernàndez Fuenmayor co título de ¡Pásmate, Merche publicado en 1997 por Editorial SM, Colección Gran Angular.

Ao portugués por Pedro Nuno co título de Nem te passa! publicado en 1998 por Contemporânea Editora .

Notas

Véxase tamén Bibliografía , Concha: Fóra de Xogo. Tecendo lecturas Larousse. Catálogos.

Categoría:Obras literarias de 1994 Categoría:Novelas en galego Categoría:Obras literarias de Fina Casalderrey Categoría:Edicións Xerais de Galicia