miniatura|dereita|Arrasate desde o monte Udalatx. Mondragón (en , en e no dialecto local Mondragoe; oficialmente Arrasate/Mondragón) é un concello de Guipúscoa, o máis poboado da comarca de Debagoiena, no País Vasco, con 22.116 habitantes, que ocupan unha área de 30,8 km².

Economía É coñecido pola súa activitade cooperativa, que orixinou a creación de empresas como Euskadiko Kutxa/Caja Laboral, Eroski, Fagor, Universidade de Mondragón etc. Todas estas cooperativas forman parte de Mondragón Corporación Cooperativa (MCC). Moitos habitantes de Arrasate e da comarca, e aínda de todo o País Vasco, traballan en diferentes empresas desta cooperativa.

Demografía

Xeografía Arrasate está situado no suroeste do territorio de Guipúscoa, no límite coas provincias de Áraba e Biscaia. O municipio está nun val, arrodeado de montañas, entre as que cómpre destacar o Udalatx (1.117 m), e con menor elevación o Murugain (778 m) e o Kurtzetxiki (532 m).

O concello limita o norte con Elorrio (Biscaia) e Bergara, ao sur con Aretxabaleta, ao leste con Oñati e ao oeste con Aramaio (Áraba).

Festas e tradicións Sanjuanak (San Xoán) son as festas patronais de Arrasate, entre o 23 e o 26 de xuño. Maritxu Kajoi (Maruxa a do caixón), no primeiro venres de outubro. É unha festa nova que se ven celebrado desde 1977, máis que ten acadado unha enorme popularidade. A xente viste as mellores galas e pechan a festa perante unha imaxe de María, que realiza todos os anos un "milagre".

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos xerais de Mondragón

Arrasate