A Free Software Foundation (FSF) -Fundación polo Software Libre- é unha organización sen ánimo de lucro fundada por Richard Stallman para apoiar o movemento polo software libre (free significa neste caso libre e non necesariamente gratis, a outra acepción que a palabra ten en inglés) e, en particular o proxecto GNU.

Desde a súa fundación até mediados da década de 1990, os fondos da FSF destináronse principalmente a pagar a programadores para que escribisen software libre. A partir de mediados ou finais da década de 1990 existen xa moitas compañías e autores individuais que escriben software libre, de xeito que os empregados e voluntarios da FSF traballan fundamentalmente en asuntos legais e estruturais en beneficio da comunidade do software libre.

Actividade actual da FSF Facer cumprir a GPL A FSF dispón dos recursos e a vontade para facer cumprir a GPL e outras licenzas GNU, se ben só para o software do cal posúe os dereitos; o software publicado segundo a GPL pero propiedade doutros debe ser defendido polos seus propietarios dado que a FSF non ten sanción oficial para facer cumprir a GPL por eles. A FSF trata unhas 50 violacións da GPL cada ano e tenta que a outra parte se aveña a cumprir sen necesidade de recorrer aos xulgados. Até xaneiro de 2004 ninguén ten levado a FSF a xuízo sobre unha disputa por copyright.

Licenzas GNU A licenza GNU GPL é a máis usada nos proxectos de Software Libre. A versión actual (versión 2) foi emitida en 1991, mais a FSF está a traballar na versión 3. A FSF ten publicadas tamén a Licenza Pública Xeral Menor de GNU (LGPL) e a Licenza de Documentación Libre GNU (GFDL).

Gardián de copyrights A FSF exerce os dereitos de todo o software de GNU e dalgún software libre non GNU. Require que toda persoa que contribúa nos paquetes de GNU ceda os seus dereitos de maneira que o software poida ser defendido diante dun tribunal se se produce unha disputa e para que, de ser preciso modificar a licenza dunha obra, se poida facer sen ter que contactar con todas as persoas que nalgunha ocasión contribuíron co seu traballo a desenvolver ese software.

O Directorio do Software Libre É unha listaxe de paquetes de software que se ten comprobado que son software libre. A entrada de cada paquete contén 47 informacións tales como a páxina web do proxecto, programadores, linguaxe de programación etc. Os obxectivos son fornecer un motor de procura para o software libre e unha referencia para que os usuarios poidan comprobar se un paquete foi identificado como software libre. A FSF ten recibido unha pequena cantidade de fondos da UNESCO para este proxecto. Espérase que o directorio poida ser traducido a moitos idiomas no futuro.

Mantemento da definición de Software Libre A FSF mantén moitos dos documentos que definen o movemento polo Software Libre.

Formación legal A FSF organiza seminarios relacionados con aspectos legais da utilizacion da GPL e ofrece un servizo de consultoría para avogados.

Aloxamento de Proxectos A FSF fornece aloxamento para proxectos a través do seu sitio web (Savannah).

Premio á Promoción do Software Libre Un premio anual.

Estrutura Membros O 25 de novembro de 2002 a FSF ofreceu o programa de Membros Asociados para individuos. En abril de 2004 tiña máis de 2.044 membros asociados. O 5 de marzo de 2003 lanzou un programa de Padroado Empresarial para organizacións comerciais. En abril de 2004 contaba con 45 padroeiros empresariais.

Organización

Xunta Directiva Geoffery Knauth, Enxeñeiro de Software en SFA, Inc. Lawrence Lessig, Profesor de Dereito na Universidade de Stanford Eben Moglen, Profesor de Dereito e Historia Legal na Universidade de Columbia e coautor da GNU GPL, Versións 1 e 2 Henri Poole, Fundador de CivicActions, unha empresa consultora de tecnoloxía en campañas de base Richard Stallman, Fundador da FSF e do Proxecto GNU, xestor anterior de varios proxectos de software GNU e coautor da GNU GPL, Versións 1 e 2 Gerald Sussman, Profesor de Informática no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts

Outros cargos Richard Stallman: Presidente Peter T. Brown: Director Xeral (foi Director de Validacións e Control até febreiro de 2005) Eben Moglen: Conselleiro Xeral Dan Ravicher: Conselleiro David "Novalis" Turner: Enxeñeiro de Validacións da GPL Janet Casey, Director do Directorio de Software Libre John Sullivan, Administrador de Programas Ted Teah, Administrador de Tarefas Jim Blair, Administrador de Sistemas Justin Baugh, Administrador de Sistemas

Empregados anteriores Bradley Kuhn: Director xeral até febreiro de 2005 Leslie Proctor Relacións Públicas Robert J. Chassell: Director Fundador e Tesoureiro Tim Ney Director Xeral 1998-2001 Thomas Bushnell hacker para GNU, GNU Hurd Roland McGrath hacker para GNU, GNU Libc, Make, GNU Hurd Leonard Tower hacker para GNU Mike Haertel hacker para GNU, diff, grep Pete TerMaat hacker para GNU, GDB Phil Nelson hacker para GNU Jay Fenlason hacker para GNU, sed Brian Fox hacker para GNU, Bash Noboyuki Hikichi hacker para GNU Paul Rubin hacker para GNU, cpp Ariel Rios hacker para GNU, Guile Randy Smith hacker para GNU, GDB houbo un tal "Steve" Jonathan Watterson (organizou o proxecto digital-speech ) Lisa "Opus" Goldstein: Directora de Prensa de GNU Paul Fisher, Administrador de Sistemas

Habitualmente traballan dez persoas na sede central de Boston, Massachusetts. A oficina está coordenada por Bradley Kuhn.

Organizacións irmás En 2001 fundouse en Alemaña a Free Software Foundation Europe (Fundación para o Software Libre - Europa) coa finalidade de actuar como "concentrador" das organizacións polo Software Libre de Europa. En 2003 fundouse en Kerala a Free Software Foundation India (Fundación para o Software Libre - India). O 19 de abril de 2001 fundouse en Francia a Free Software Foundation France (Fundación para o Software Libre - Francia). No vixésimo aniversario do Proxecto GNU (5 de xaneiro de 2004), fundouse a Irish Free Software Organisation (Organización polo Software Libre - Irlanda) para promover o software libre en Irlanda.

Ligazóns externas Sitio web da Fundación polo Software Libre Sobre a FSF A Definición de Software Libre Documentos sobre a filosofía do Software Libre Programa de Membros Asociados da FSF Programa de Padroado Empresarial da FSF Sitio web da Free Software Foundation Europe Sitio web da Free Software Foundation India FSF India (Sitio WWW oficial) A Irish Free Software Organisation

Categoría:Software libre