Buenos Aires: O atlas da "Buenos Aires" para a cidade e "Bos Aires" para a provincia., ás veces escrito en galego Bos Aires, é a capital da Arxentina. Os seus habitantes denomínanse porteños. A cidade atópase situada na beira dereita do esteiro do río da Prata, fronte á cidade uruguaia de Colonia del Sacramento. É, principalmente, unha cidade de servizos.

Toponimia Na primeira fundación, o 2 ou 3 de febreiro de 1536, Pedro de Mendoza chamou ao lugar Real de Nuestra Señora Santa María del Buen Ayre para cumprir a promesa que fixera á Padroa dos Navegantes, que se achaba na Confraría dos Mareantes de Triana e da que el era membro. En efecto, “Buen Ayre”, a castelanización do nome da Virxe de Bonaria, é dicir da Virxe da Candeloria, a quen os pais mercedarios levantaran un santuario para os navegantes en Cagliari, Sardeña, e que era venerada tamén polos navegantes de Cádiz.

Juan de Garay refundou a cidade o 11 de xuño de 1580 e deulle ao novo asentamento o nome de Ciudad de la Santísima Trinidad. A razón sería que a festividade importante máis próxima á data sería á da Trindade ou, segundo algúns historiadores, porque a nave ancorou o día de dita festividade. Pero ao porto deulle o nome de Puerto de Santa María de los Buenos Ayres. Porén, os designios de Garay non tiveron éxito xa que, a pesar de que xamais houbo disposición oficial algunha que cambiase o nome, o uso inapelable desde o primeiro momento do nome de Buenos Aires para nomear a cidade consagrouno como tal.

Na Arxentina acostuman referirse a ela con distintas denominacións. O nome de Capital Federal é un dos máis utilizados, en alusión á condición de distrito independente que adquiriu coa lei de federalización que promulgara Julio Argentino Roca. Moitas veces tamén se usa a expresión "Ciudad de Buenos Aires", ou sinxelamente "Buenos Aires", aínda que esta última préstase a confusión coa provincia homónima.

Ciudad Autónoma de Buenos Aires é unha das denominacións que oficialmente lle deu a Constitución da cidade, sancionada en 1996. É por iso que tamén se adoita empregar a abreviatura CABA para mencionala, xunto coa clásica BBAA. Informalmente é habitual chamarlle Baires, apócope da forma orixinal, común dentro da cidade mais pouco usada no resto do país. Poeticamente atribuíronselle numerosos nomes, coma a París do sur pola súa beleza arquitectónica e o seu carácter cultural, ou a Cabeza de Goliat, segundo un ensaio de Ezequiel Martínez Estrada, en alusión ao seu tamaño e influencia desproporcionada sobre o resto do país, ou, en razón da súa localización e prestixio, a Raíña do Prata.

Historia

A primeira incursión no río da Prata fíxoa o 2 de febreiro de 1516 Juan Díaz de Solís con resultados catastróficos, pois foron atacados polos habitantes do lugar causándolles moitas mortes, entre elas a do propio Solís.

Buenos Aires foi fundada por primeira vez o 2 ou 3 de febreiro de 1536 polo español Pedro de Mendoza, baixo o nome de Nuestra señora del Buen Ayre, (Nosa señora do Bo Aire). A cidade foi abandonada e esnaquizada polos indios en 1541, e refundada o 11 de xuño de 1580 por Juan de Garay co nome de Ciudad de La Santísima Trinidad y Puerto de Santa María del Buen Ayre (Cidade da Santísima Trindade e Porto de Santa María do Bo Aire).

Trala súa segunda fundación Buenos Aires tivo un escaso desenvolvemento ata que en 1776 foi nomeada capital do Vicerreinado do Río da Prata. Dende ese momento comezou a evolucionar rapidamente debido ao empurre comercial que a beneficiou, principalmente grazas ao contrabando, desenvolvéndose non só economicamente senón tamén culturalmente. A chegada de ideas liberais e fundamentalmente a ocupación de España polo exército napoleónico, permitiu a creación de movementos emancipadores, que desataron en 1810 a Revolución de Maio e a creación do primeiro goberno patrio.

Durante o longo proceso que levou á creación do Estado Nacional Arxentino, Buenos Aires foi elixida lugar de residencia do Goberno Nacional, aínda que este carecía de autoridade administrativa sobre a cidade, que formaba parte da provincia de Buenos Aires. A necesidade do goberno nacional de federaliza-la, sumada ao movemento de tropas ordenado polo gobernador da provincia, Carlos Tejedor, produciu en 1880 unha serie de enfrontamentos que rematarían coa derrota da provincia de Buenos Aires e a federalización da cidade. Posteriormente, a Provincia de Buenos Aires cedeu os partidos de Flores e Belgrano, os cales foron anexados ao territorio da Capital Federal. A cambio diso, a Provincia de Buenos Aires recibiu unha compensación económica.

En 1882 o Congreso Nacional creou as figuras do intendente e o Concello Deliberante da Cidade. O intendente non era elixido polo voto popular, senón que era designado polo Presidente da Nación en conformidade co Senado. O primeiro en exercer o novo cargo foi Torcuato de Alvear, designado en 1883 por Julio A. Roca.

Cara finais do século XIX e comezos do século XX a cidade sufriu unha transformación importante; a prosperidade económica que atravesaba o país sumada ás preparacións para o I Centenario que se celebraría en 1910 permitiron que a infraestrutura urbana se desenvolvese. Isto incluíu non só a construción de novos edificios, prazas e monumentos, senón tamén un melloramento xeral nos servizos públicos que lle permitiu contar en 1913 co primeiro metro de Iberoamérica.

Durante o século XX a cidade experimentou un gran crecemento demográfico que a situou entre as maiores cidades da Terra, non só a nivel demográfico, senón tamén artístico, cultural e económico.

Trala Reforma da Constitución Arxentina de 1994 a cidade puido contar coa súa propia Constitución e cun goberno autónomo de elección directa. O 30 de xuño de 1996 celebráronse as eleccións que designarían ao Xefe de Goberno da Cidade, así como aos lexisladores que sancionarían a Constitución da Cidade. Nas eleccións do Poder Executivo resultou gañadora a fórmula da Alianza para a Xustiza, o Traballo e a Educación de Fernando de la Rúa, converténdose deste xeito no primeiro Xefe de Goberno. Tras dous meses de deliberacións, a Convención Constituínte finalmente sancionou o 1 de outubro de 1996 a Constitución da Cidade de Buenos Aires.

No ano 2003 foi promulgada a Unión CivilVéxase Ley 1004 , tanto para as parellas homosexuais como para as heterosexuais, converténdose na primeira cidade en América Latina en oficializar devanditas unións.

Galegos en Buenos Aires Buenos Aires foi cidade de acollida para numerosos galegos na emigración ou o desterro a partir do desenvolvemento que levou a cidade de ter uns 55 000 habitantes en 1855 a millón e medio en 1885. Na realidade, é a cidade do planeta con máis habitantes galegos. É coñecido o seu Centro Gallego pola súa enorme influencia e instalacións (editorial, centro cultural, hospital,...) que tivo unha importancia básica na sociedade arxentina do século XX (máis aínda cando foi o corralito no 2001). miniatura|Gran Buenos Aires.

Xeografía A cidade de Buenos Aires atópase no hemisferio sur a 34º 36' de latitude e 58º 26' de lonxitude. A cidade autónoma (tamén coñecida como Capital Federal) esténdese sobre un terreo chairo con 19,4 km de norte a sur e 17,9 km de leste a oeste. Na súa superficie de 202 km² vivían, en 2009, 3 120 435 habitantes. No entanto, cando se examina súa rexión metropolitana (a chamada Gran Buenos Aires), a superficie atinxe 3880 km² e a poboación chega aos 13 millóns de habitantes, converténdoa nunha das cidades máis populosas do mundo e a segunda na América do Sur, despois de São Paulo, no Brasil.

Na marxe oposta do Río da Prata, atópase a cidade uruguaia de Colonia del Sacramento. Buenos Aires lígase a Colonia e a Montevideo por barco (que cobre a ruta Buenos Aires-Montevideo en pouco máis de tres horas, e Buenos Aires-Colonia en cerca dunha hora). O Río da Prata (Río de la Plata) e mailo Riachuelo forman os límites naturais da Cidade Autónoma de Buenos Aires ao leste e ao sur. O resto do seu perímetro está demarcado pola Avenida General Paz, que circunvala a cidade de norte a oeste. Esta avenida liga de forma rápida a cidade coa Gran Buenos Aires, unha rexión de alta concentración de habitantes e forte actividade comercial e industrial.

Clima O clima da cidade é temperado oceánico (ameno durante todo o ano). As temperaturas medias anuais son de 18 °C. No inverno a temperatura pode caer a 3 °C, en canto no verán, húmido, a temperatura media é de 28 °C. Só unha vez na súa historia, en 1918, rexistrouse caída de neve.

{| class="toc" cellpadding=0 cellspacing=1 style="float:center; text-align:center;clear:all; margin-left:3px;" ! colspan= "14" style="background: #DDDDDD;" | 17px Parámetros climáticos medios de Buenos Aires 17px |- ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" height="12" | Mes ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Xan ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Feb ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Mar ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Abr ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Mai ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Xuñ ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Xul ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Ago ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Set ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Out ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Nov ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Dec ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Ano |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" height="12;" | Temperatura máxima media (°C) | style="background: #FF8C00; color:#000000;" | 29 | style="background: #FF8C00; color:#000000;" | 27 | style="background: #FF8C00; color:#000000;" | 26 | style="background: #FFA500; color:#000000;" | 22 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 18 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 15 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 14 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 16 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 18 | style="background: #FFA500; color:#000000;" | 21 | style="background: #FFA500; color:#000000;" | 24 | style="background: #FF8C00; color:#000000;" | 27 | style="background: #FFA500; color:#000000;" | 21 |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" height="12;" | Temperatura mínima media (°C) | style="background: #FFCC66; color: black;" | 17 | style="background: #FFCC66; color: black;" | 17 | style="background: #FFFF99; color: black;" | 15 | style="background: #FFDEAD; color: black;" | 11 | style="background: #FFE4C4; color: black;" | 8 | style="background: #FFF8DC; color: black;" | 5 | style="background: #FFF8DC; color: black;" | 5 | style="background: #FFF8DC; color: black;" | 6 | style="background: #FFE4C4; color: black;" | 7 | style="background: #FFE4C4; color: black;" | 10 | style="background: #FFDEAD; color: black;" | 12 | style="background: #FFCC66; color: black;" | 16 | style="background: #FFDEAD; color: black;" | 11 |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" | Precipitacións (cm) | style="background: #7788FF;" | 10 | style="background: #7788FF;" | 10 | style="background: #7788FF;" | 10 | style="background: #99AAFF;" | 8 | style="background: #CCDDFF;" | 7 | style="background: #DDEEFF;" | 5 | style="background: #DDEEFF;" | 5 | style="background: #DDEEFF;" | 6 | style="background: #99AAFF;" | 10 | style="background: #99AAFF;" | 9 | style="background: #99AAFF;" | 8 | style="background: #3366CC;" | 16 | style="background: #99AAFF;" | 97 |- | colspan="14" style="text-align:center;font-size:90%;"|Fonte: Weatherbase 2011

Demografía Os habitantes de Buenos Aires son coñecidos como porteños (xente do porto), isto é debido á grande importancia que tivo o porto da cidade no desenvolvemento da cidade e da nación. Os habitantes da provincia de Buenos Aires (ás veces excluíndo os arrabaldes da cidade) son coñecidos como bonaerenses.

Censo de poboación miniatura|Crecemento de poboación dende 1740.