O Batallón Literario foi unha compañía militar formada por estudantes da Universidade de Santiago de Compostela en diversos períodos históricos, sendo o máis famoso o formado durante a francesada, para loitar contra a invasión francesa dirixida por Napoleón.

O Batallón Literario na guerra da Independencia miniatura|289x289px|Coroa na honra do Batallón Literario colocada no muro do convento de San Paio de Antealtares o 4 de maio de 1896.|esquerda En 1808, nunha reunión celebrada nos claustros da Universidade de Santiago, presidida por Rafael de Murquiz, arcebispo de Compostela, acordouse a colaboración da Universidade co movemento popular a prol de liberar o país. Constituíuse un Batallón cos estudantes e procedeuse a buscar alguén con experiencia militar para dirixilo. O elixido foi Juan Ignacio de Armada, IV marqués de Santa Cruz de Ribadulla. Obtívose financiamento mediante achegas populares, e outras como as do propio marqués. Para que este puidese mandar sobre os alumnos universitarios, foi necesario facelo doutor de tódalas facultades, título concedido con carácter hereditario. O batallón formouse en 42 días, dándoselle ordes para a súa incorporación a filas, tralo acto de bendición da bandeira, no que tivo lugar unha arenga do arcebispo. Esta bandeira aínda se conserva na biblioteca da universidade: coa cor branca da bandeira histórica de Galiza, presenta ademais dous escudos: o do antigo Reino de Galiza, e o escudo de armas da Universidade, ambos cubertos por unha coroa real, ademais da seguinte inscrición: miniatura|440x440px|Himno da Guerra da Independencia composto para o Batallón de Literarios.O Batallón contaba cunha marcha propia de combate. No ano 1888 foi publicada por José Inzenga na epígrafe galegos dos seu cancioneiro 'Cantos y bailes populares de España', onde aparece como "Himno da Guerra da Independencia composto para o Batallón de Literarios". O himno foi pasando de gaiteiro en gaiteiro e empregado durante anos nos diferentes movementos políticos de Galicia.

Os soldados portaban ademais unha cinta, cun breve poema, que aludía á unión entre a cultura e o mundo militar en prol da defensa nacional: "Por rescatar a Fernando (el Rey Fernando VII) y acabar con Bonaparte unióse Minerva a Marte". miniatura|Bandera 1822 Trienio Liberal O 18 de xullo de 1808 o batallón saíu a incorporarse ás tropas do xeneral Blake, onde formaron a vangarda xunto ós voluntarios navarros. Un dos múltiples episodios recordados foi o de entrar de incógnito á Coruña a recoñecer as baterías, malia estar tomada a cidade polo Mariscal Ney. En 1810 o xeneral Castaños deu a orde de disolución do Batallón Literario, outorgando ós poucos sobreviventes o rango de oficiais nos corpos militares.

O Batallón de estudantes universitarios volveu a formarse en Compostela, de xeito efémero, durante a fracasada Revolución galega de 1846.

Notas miniatura|Na praza da Quintana, chamada tamén praza dos literarios, existe unha placa en lembranza dos combatentes universitarios.

Véxase tamén Bibliografía

Devolución de la bandera del Batallón Literario (1808 / 1823)

Ligazóns externas

Honor y gloria a los héroes del Batallón Literario Diario El Correo Gallego, 16/09/2007.

Categoría:Século XIX en Galicia Categoría:Guerra da Independencia española