<font color=white size="4"> Club Natació Barcelona 25px|Cruz de Sant Jordi 2006|ligazón=Premio Creu de Sant Jordi 180px Nome completo Club Natació Barcelona Ano de fundación 10 de novembro de 1907 Alcumes Blaugranas ou culés Cores azul e granate Estadio Palau Presidente 20px Sebastià Millans
O Club Natació Barcelona é un club polideportivo da cidade de Barcelona, Cataluña, que destaca principalmente en natación e wáter-polo.
Historia
O espírito deportivo de Bernat Picornell e un grupo de amigos máis, clientes do ximnasio Solé, fixo que o 10 de novembro de 1907 se fundase o Club Natació Barcelona. É o club máis antigo da natación española, e o fundador das federación catalá e española, ademais do Comité Olímpico Español. O 5 de decembro de 1996 foi creada a Fundación Club Natació Barcelona, que axudou a promover a cultura social e deportiva da dos deportes acuáticos.
En wáter-polo é o equipo que máis veces foi campión da Liga Española de Wáter-polo, en 59 ocasións.
Seccións Natación: Dende 1907 Wáter-polo: 59 títulos de liga, 2 Copas LEN, 7 Copas do Rei, 3 Ligas Catalás. Salto de trampolín Vela Rugby: A sección de rugby do CN Barcelona foi un dos primeiros equipos deste deporte formados en España. A sección foi creada en 1922, só un ano despois da fundación da UE Santboiana (o decano do rugby español). O equipo gañou 2 Copas do Rei nos anos 1957 e 1963, e participou 12 tempadas na División de Honra, acadando un subcampionato no ano 1974. Recentemente a sección de rugby do CN Barcelona desapareceu.
Presidentes
Bernat Picornell Pau Palau Albert Middelman Ròmul Bosch Pius Cabanyes Francesc Puig Fèlix Carol Ferran Sans Nemesi Ponsati Lluís Sentís Albert Assalit Leandre Ribera Joan Santaularia Sebastià Millans
Véxase tamén
Liga Española de Wáter-polo
Ligazóns externas
Web oficial do club
Barcelona Categoría:Natación Categoría:Deporte en Barcelona Categoría:Premio Creu de Sant Jordi