Tequixquiac é un concello ao norte do Estado de México, en México. Limita coas municipalidades de Apaxco, Hueypoxtla, Zumpango, Huehuetoca e con Atotonilco de Tula no estado de Hidalgo. A súa área é de 122.32 km², e a súa poboación era de 33 907 habitantes no ano 2010. A cabeceira municipal ou sede do goberno é Santiago Tequixquiac, a segunda poboación importante é Tlapanaloya, e ten outras localidades como Colonia Wenceslao Labra, a ranchería de La Heredad e as facendas do Cenicero e Montero. Plan Municipal de Tequixquiac 2013-2015. En castelán.
Topónimo Tequixquiac identifícase co nome na lingua náhuatl de Tequixquiac (cfr. nahuatl actual Tequixquitl (salitre ou tequiesquite (bicarbonato de sodio co sal), atl (auga), e o sufixo de lugar -c). O seu actual nome provén do náhuatl que significa "lugar das augas salitrosas". Bando municipal de Tequixquiac, 1915. En castelán
Historia Os primeiros poboadores de Tequixquiac foron indíxenas otomís, que decidiron establecerse neste lugar de maneira definitiva pola abundancia de ríos e mananciais. Dedicáronse principalmente á agricultura e á crianza de animais domésticos.Monografia municipal de Tequixquiac
En 1152, os aztecas no camiño até o Val de México, procedentes de Tula Xicocotitlan deciden establecerse en Tequixquiac por un curto período de tempo nun lugar chamado Tepetongo.
O 29 de novembro de 1820 fundouse o concello de Tequixquiac baixo as ordenanzas da constitución de Cádiz, durante o movemento de independencia da Nova España.
Xeografía O concello sitúase ó norte do Estado de México, a 84 quilómetros ao norte da Cidade de México e 280 quilómetros da cidade de Toluca de Lerdo (capital do estado).
Política e goberno
O concello está formado por un presidente municipal ou alcalde, un síndico, un tesoureiro, un secretario da xunta e rexedores das delegacións. A elección é por representación democrática que encabezan os partidos políticos para un período de tres anos de goberno.
Alcaldes 22px Iginio Adrían Rojas Hernández (1994-1996) 22px Emiliano Cruz Rodríguez (1997-2000) 22px José Rafael Pérez Martínez (2000-2003) 22px Gustavo Alonso Donis García (2003-2006) 22px Enrique Martínez Astorga (2006-2009) 22px Xóchitl Ramírez Ramírez (2009-2012) 22px Juan Carlos Hernández González (2012-2015) 22px 20px|link=Partido Verde Ecologista de México 20px|link=Nueva Alianza (partido político) Salvador Raúl Vásquez Valencia (2016-2018) 20px Gilberto Ramírez Domínguez (2019-2021) 20px Luis Raúl Meneses García (2022-2024) 20px 20px 20px Sintique Mayté Moreno Rodríguez
Demografía miniatura|300px|dereita|Mapa de localidades do concello de Tequixquiac.
O concello de Tequixquiac ten unha poboación de 33 907 habitantes; dos que 16 794 son homes e 17 113 son mulleres. As estatistícas corresponden ao censo de poboación do ano 2010.
Localidades do concello O concello ten moitas localidades e na seguinte táboa amósanse as principais parroquias. Localidades Poboación Total do concello 33 907 Santiago Tequixquiac 25 430 Tlapanaloya 6 466 Wenceslao Labra 1 248
Cultura Conta cun bo número de manifestacións culturais e unha grande historia, polo que é coñecido como o berce da arte prehistórica de América.
Cóntase neste concello con algúns vestixios arqueolóxicos e arquitectónicos do seu pasado precolombiano e colonial español, sendo o recinto máis importante a igrexa ou parroquia de Santiago Apóstolo, edificio barroco que conserva as súas características de deseño orixinal.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Igrexa de Santiago, Tequixquiac
Categoría:Tequixquiac