Bertrand Tavernier, nado en Lión o 25 de abril de 1941 e finado o 25 de marzo de 2021 en Sainte-Maxime (Var), foi un director, escritor, actor, e produtor francés.

Traxectoria Tavernier naceu en Lión, fillo de Geneviève (de solteira Dumond) e René Tavernier, publicista e escritora, presidente varios anos do PEN Club francés. Dixo que a publicación polo seu pai dun xornal de resitencia en tempos de guerra e a axuda a intelectuais antinazis formou a súa opinión moral como artista. Segundo Tavernier, o seu pai cría que as palabras eran "tan importante e letal como as balas". Tavernier quería converterse en cineasta dende os 13 ou 14 anos. As súas influencias cinematográficas inclúen John Ford, William Wellman, Jean Renoir, Jean Vigo e Jacques Becker. Tavernier viuse influído pola folga xeral de Francia de 1968. Asociouse coa Organización Comunista Internacional entre 1973 e 1975, e foi golpeado en particular pola literatura de Lev Trotski. O primeiro director co que traballou foi Jean-Pierre Melville. Posteriormente, o seu primeiro filme (O reloxeiro de Saint Paul, 1974) gañou o Prix Louis Delluc e o Oso de Prata no 24.º Festival de Cinema de Berlín.

Os seus primeiros traballos estiveron dominados polos misterios, mais as súas boras posteriores caracterízanse por un comentario social máis aberto, centrándose nas súas visións de esquerdas (A vida e máis nada, Capitaine Conan) e presentando unha crítica da sociedade francesa contemporánea (Ça commence aujourd'hui, Histoires de vies brisées : les double-peine de Lyon).

Gañou o premio da BAFTA ao mellor filme en lingua non inglesa en 1990 por A vida e máis nada e un total de cinco premios César.

En 1995, o seu filme L'Appât gañou o Oso de Ouro no 45.º Festival Internacional de Cinema de Berlín. Catro anos despois, Ça commence aujourd'hui gañou unha mención de honra no 49.º Festival Internacional de Cinema de Berlín.

O seu filme The Princess of Montpensier competiu pola Palma de Ouro no Festival de Cannes de 2010.

Tavernier estivo casado coa guionista Claudine (Colo) O'Hagen entre 1965 e 1980. Tiveron dous fillos. O seu fillo, Nils Tavernier (nado o 1 de setembro de 1965), foi director e actor. A súa filla, Tiffany Tavernier (nada en 1967), é novelista, guionista e axudante de dirección.

Tavernier foi honrado co premio de honra no 42.º Festival Internacional de Cinema da India en Goa polas súas destacadas achegas á industria cinematográfica.

Filmografía Cinema 1964: Les Baisers - segundo episodio, Baiser de Judas 1964: La Chance et l'Amour - episodio Une chance explosive 1974: O reloxeiro de Saint Paul 1975: Que la fête commence... 1976: O xuíz e o asasino 1977: Des enfants gâtés 1980: La Mort en direct 1980: Une semaine de vacances 1981: Coup de torchon 1983: Ciné Citron 1983: La 800ème génération - Curtametraxe 1983: Pays d'octobre (Mississippi Blues) - Curtametraxe 1984: Un dimanche à la campagne 1986: Arredor de medianoite 1987: La Passion Béatrice 1989: A vida e máis nada 1990: Daddy nostalgie 1991: Contre l'oubli - episodio Pour Aung San Suu Kyi, Myanmar 1992: La Guerre sans nom 1992: L.627 1994: A filla de D'Artagnan 1995: L'Appât 1996: Capitaine Conan 1999: Ça commence aujourd'hui 2001: Histoires de vies brisées : Les « double peine » de Lyon 2002: Laissez-passer 2004: Holy Lola 2009: No centro da treboada (In the Electric Mist) 2010: La Princesse de Montpensier 2013: Quai d'Orsay 2016: Voyage à travers le cinéma français - Documental

Televisión 1982: Philippe Soupault 1988: Lyon, le regard intérieur 1996: La Lettre 1997: De l'autre côté du périph (codirixido por Nils Tavernier) 2001: Les Enfants de Thiès

Notas

Véxase tamén

Categoría:Directores de cinema de Francia Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores de Francia Categoría:Nados en Lión Categoría:Nados en 1941 Categoría:Gañadores do premio César Categoría:Finados en 2021