miniatura|Manuel Azaña en 1933. Acción Republicana foi unha agrupación política progresista e republicana fundada por Manuel Azaña en 1925, durante a ditadura de Primo de Rivera, que constituíu o seu primeiro Comité Nacional en 1930, presidido por Azaña, para converterse en partido político tras unha asemblea xeral celebrada en Madrid, en maio de 1931. Entre os acenos de identidade do partido, destacaban o autonomismo, o laicismo, o compromiso coa reforma agraria e a reforma do Exército.

Traxectoria Un dos impulsores de Acción Republicana foi Manuel Azaña, antigo militante do Partido Reformista, quen, como a maioría das personalidades máis destacadas daquel partido que o abandonaron tras o golpe de Estado de Primo de Rivera, dera por liquidado o proxecto reformista. de conseguir a democracia dentro da Monarquía, e xa apostaba pola República, tal e como explicou Azaña no manifesto Apelación á República que fixera público en maio de 1924. Para acadar tal fin, propúxose crear «unha nova conxunción republicano-socialista capaz de se opor ao bloque esmagador das forzas escurantistas aliadas, a resistencia primeiro, a contraofensiva despois da vontade liberal latente baixo a mentida resignacióndo país».

Dende a revista España, Azaña criticou aos vellos republicanos como Alejandro Lerroux ou Vicente Blasco Ibáñez e propuxo un novo republicanismo. Esta iniciativa materializouse a comezos de 1925 co nacemento do grupo Acción Política, que en maio dese mesmo ano adoptou a denominación definitiva de Acción Republicana. Estaba formado por intelectuais, algúns deles procedentes do Partido Reformista como Azaña, como Ramón Pérez de Ayala ou José Giral, e outros que non o foran como Luis Jiménez de Asúa, Luis Araquistain, Honorato de Castro ou Martí y Jara.

Alianza Republicana En febreiro de 1926, Acción Republicana participou na fundación da “Alianza Republicana”, o mesmo día que se celebrara o aniversario da Primeira República Española, que congregou ao antigo Partido Republicano Radical de Alejandro Lerroux —do cal, en decembro de 1929 se escindira o Partido Republicano Radical-Socialista, de Marcelino Domingo e Álvaro de Albornoz- e o Partido Republicano Democrático Federal, xunto coas novas formacións republicanas como eran Acción Republicana de Azaña e o Partit Republicà Català, fundado por Marcelino Domingo e Lluís Companys. No manifesto que se fixo público o mesmo día en que se creou, demandaba a convocatoria "dunhas Cortes Constituíntes elixidas por sufraxio universal, nas que loitaremos pola proclamación do réxime republicano".

Como grupo integrado na Alianza Republicana, participou no Pacto de San Sebastián para derrocar a Monarquía de Afonso XIII, e implicouse na construción e consolidación da II República. Formou parte do Goberno Provisional que se fixo cargo do país tras a saída de España de El-Rei.

Obtivo 30 deputados nas eleccións xerais de 1931, e enseguida converteuse, a pesar da súa relativamente escasa forza parlamentaria, nunha formación central dos Gobernos da República ata 1933, liderados polo seu presidente, Manuel Azaña.

No debate parlamentario sobre a Constitución de 1931 apoiou o proxecto presentado pola Comisión de Constitución. O seu portavoz no conxunto do debate inicial foi Claudio Sánchez Albornoz, quen, tras eloxiar ao seu líder, Manuel Azaña, polo seu "traballo revolucionario no Exército que todo o mundo pode aplaudir", sinalou que a nova Constitución veu solucionar "problemas que xa se resolveron hai séculos en todos os países", e destacou o proxecto presentado para o seu debate e aprobación polas Cortes pola súa "tendencia socializadora" ("sentimos a xustiza das reivindicacións socialistas, da política socialista"; "o futuro próximo debe ser do partido socialista porque ao fin e ao cabo traballades polo benestar da Humanidade") así como a súa "tendencia autonomista" ("por primeira vez na Historia imos ter unha Constitución que responda á estrutura interna da nosa Patria"), "pero sen prexudicar a unidade nacional". Sobre esta última engadiu:

Ao rematar a súa intervención, pronunciouse a prol de "realizar a federación de Europa" e como conclusión afirmou:

Tras a derrota dos republicanos de esquerda nas eleccións de novembro de 1933, nas que Acción Republicana só obtivo 5 escanos, o partido fusionouse, en 1934, con outros grupos republicanos (como a Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) e o Partido Republicano Radical Socialista Independente para formar Izquierda Republicana, baixo o liderado de Azaña, e que obtería un gran resultado nas eleccións de febreiro de 1936.

Ministros e gobernantes de Acción Republicana Durante a Segunda República Española, os seguintes membros de Acción Republicana formaron parte dalgún dos 26 gobernos sucesivos:

Manuel Azaña Díaz, ministro de Guerra, presidente do goberno e Presidente da República. José Giral Pereira, ministro de Mariña e presidente do goberno. Claudio Sánchez-Albornoz, ministro de Estado. Rematada a guerra civil, foi presidente do goberno republicano no exilio.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Izquierda Republicana

Categoría:Partidos políticos desaparecidos de España Categoría:Segunda República Española