Xiana Arias Rego, nada na Fonsagrada o 28 de maio de 1983, é unha poetisa e xornalista galega.

Traxectoria miniatura|dereita Licenciada en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como xornalista na Radio Galega no programa Diario Cultural e en Onda Vital ata 2020.

O seu primeiro poemario, Ortigas, foi o gañador do Premio de poesía Pérez Parallé no ano 2006. Colabora na revista Xistral e na publicación Pirata en apoio ao Cineclube de Compostela, onde publicou a serie Cleo de dez a doce. No ano 2009, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, participou no proxecto de acción poética "A Revolta das Letras" en Santiago de Compostela.

Como música, tocou o baixo no grupo Atrás Tigre e desde 2022 ten o proxecto Clo Plas canda a Berio Molina. Como actriz participou no filme A estación violenta.

Obras Poesía Ortigas (Espiral Maior, 2007). Acusación (Galaxia, 2009).

Obras colectivas Pirata (Brigadas de Intervención Rápida George Grosz, 2007). Letras novas (Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2008). To the winds our sails (Salmon Poetry, 2010). Tradución do galego ao inglés. Non conciliados (Cineclube de Compostela, 2011). Novas de poesía. 17 poetas (Fundación Uxío Novoneyra, 2013). 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina da autora na web da Editorial Galaxia "Mover os marcos", entrevista en Galicia Hoxe Perfil en As escollas electivas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Xornalistas da Fonsagrada Categoría:Personalidades da Radio Galega Categoría:Nados na Fonsagrada Categoría:Nados en 1983 Categoría:Poetas en lingua galega