La Idea Moderna foi un xornal que se editou en Lugo entre 1889 e 1919.
Historia e características miniatura|Redacción en 1904: Enrique Rodríguez Garrido, Julio Núñez González, Antonio Menéndez, José Vega, Luís Gago Alonso e Juan Rof. Subtitulado primeiro Diario democrático de Lugo, cambiou despois a Diario de Lugo, para finalmente denominarse Diario monárquico. Foi o seu propietario Juan Antonio Menéndez ao que sucedeu á súa morte en 1911 o seu fillo Antonio Menéndez Franco, que xa traballaba como redactor do xornal. Estivo dirixido por Romualdo Acevedo Rivero ata a súa morte en 1902, e sucedeuno como director José Vega Blanco. Entre os seus colaboradores figurou Antón Villar Ponte. De tendencia monárquica, publicou narracións de destacados autores, biografías, conferencias e estudos históricos.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo
Categoría:Prensa escrita de Lugo Categoría:1889 en Galicia