A parte sur da constelación de Aquila, chamábase ata principios do século XX Antínoo. Ata 1930 a constelación considerábase ben coma un conxunto de estrelas dentro de Aquila, ou ben unha constelación propia. A partir dese ano a UAI formaliza as constelacións, descartando Antínoo.

Antínoo era amante de Hadriano, o seu lendario sacrificio polo emperador, botándose ó Nilo, foi honrado cunha constelación. Antínoo foi, polo tanto, posto ó mesmo nivel que Ganímedes.

A imaxe é de 1782, do atlas de Johann Elert Bode Vorstellung der Gestirne (Representación das estrelas) e amosa a constelación, tal como aparecía nas fontes antigas.

Véxase tamén Ligazóns externas Antinous. http://www.ianridpath.com/startales/antinous.htm Información sobre Antínoo].

Categoría:Constelacións