Musca ou Mosca é unha das constelacións menores do Sur. A constelación foi unha das doce creadas por Pieter Dirkszoon Keyser e Frederick de Houtman entre o 1595 e o 1597, e a súa primeira aparición foi na Uranometria de Johann Bayer de 1603.

Obxectos notables A transitoria suave de raios-X Nova Muscae 1991 (ou Nova de Raios-X) é un obxecto binario consistente nunha estrela e nun burato negro. Durante o 1991 tivo un arranque de actividade que permitiu descóbrela, a radiación foi producida a través dun proceso de aniquilación positrónica. Musca tamén contén unha infrecuente nebulosa planetaria NGC 5189, localizada a máis de 3,000 anos luz da Terra. É unha estrutura complexa única que se asómella en miniatura á nebulosa do cangrexo. Tamén dentro da constelación está a Nebulosa do Reloxo de Area (MyCn 18) a unha distancia de 8,000 anos luz. O comparativamente vello cúmulo globular NGC 4833 preto de Delta Muscae está a 21,200 anos luz de distancia e un tanto escurecido por nubes de po preto do plano galáctico. O cúmulo globular NGC 4372 preto de Gamma Muscae é debilitado e parcialmente escurecido por po, pero estendese máis minutos de arco.

Estrelas con nomes propios

EstrelaNomeOrixe do nomeSignificado μ ButainÁrabepequeno ventre35KrittikaSánscritoPleiades

Historia

Musca, no seu nome orixinal Apis – A Abella, foi introducida no século XVII para recha-los espazos sen catalogar ó redor do polo sur. Coma consecuencia do descoñecemento polas culturas antigas desta constelación non hai mitoloxía referente a mesma. En 1752, Nicolas Louis de Lacaille mudoulle o nome a Musca Australis coma contrapartida da tamén desaparecida constelación de Musca Borealis (constelación que tamén foi coñecida coma Apes ou Vespa) que existía no hemisferio norte celeste. Na actualidade o seu nome é simplemente Musca.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Ian Ridpath and Wil Tirion (2007). Stars and Planets Guide, Collins, Londres. ISBN 978-0-00-725120-9. Princeton University Press, Princeton. ISBN 978-0-691-13556-4. (en inglés) Thomas Wm. Hamilton, Useful Star Names, Holbrook, NY, Viewlex, 1968. (en inglés)

Ligazóns externas The Deep Photographic Guide to the Constellations: Musca (en inglés) Starry Night Photography: Musca (en inglés) Star Tales – Musca (en inglés) miniatura|Imaxe da constelación de Apis e Crux.

Categoría:Constelacións