Apus ou Ave do Paraíso é unha constelación do sur. Aparece por primeira vez na Uranometría de Johann Bayer do (ano 1603), pero puido ser usada por navegantes con anterioridade.
Estrelas principais
α Apodis, a estrela máis brillante da constelación con magnitude 3,83, unha xigante laranxa a 411 anos luz. β Apodis, tamén xigante laranxa de magnitude 4,23, a terceira estrela máis brillante de Apus. Unha posible compañeira de magnitude 12 atópase a 85 segundos de arco. γ Apodis, a segunda estrela máis brillante na constelación con magnitude 3,89, unha xigante amarelo-laranxa a 160 anos luz. δ Apodis, denominación compartida por dúas estrelas distintas: δ1 Apodis, xigante vermella e variable irregular, e δ2 Apodis, xigante laranxa. θ Apodis, xigante vermella e variable semirregular, o seu brillo oscila entre a magnitude 6,4 e 8,6 nun período de 119 días. R Apodis, aínda que leva a denominación de variable R, actualmente pénsase que non é unha estrela variable. A súa magnitude é 5,37. NO Apodis, xigante vermella e variable semirregular, o seu brillo varía entre unha magnitude 5,71 e 5,95.
Obxectos Notables do espazo profundo
NGC 6101. AR: 16h 25m 48.0s Dec: -72°12'00" (Época 2000). Cúmulo globular feble, 7º ó norte de γ Apodis. IGC 4499, cúmulo globular a 600.000 anos luz de distancia de moi difícil observación.
Mitoloxía Apus refírese ó ave do paraíso que se coñeceu coma Ave da India. Outros indican que provén do grego ἄπους apus que significa "sen pés", facendo referencia o mito grego sobre paxaros que parecían non ter patas durante voo.
centro|400px|miniatura|Representación das constelacións de Apus, Hydrus, Grus, Pavo, Tucana e outras austrais.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas The Deep Photographic Guide to the Constellations: Apus (en inglés) Peoria Astronomical Society - Apus (en inglés) NightSkyInfo.com: Constellation Apus (en inglés) WIKISKY.ORG: Apus on WIKISKY (en inglés) Star Tales – Apus (en inglés)
Categoría:Constelacións