El Despertar Gallego foi un periódico editado en Buenos Aires pola Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales na República Arxentina entre 1922 e 1930.

Historia e características Subtitulado Órgano mensual de la Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales en la República Argentina, comezou a editarse o 1 de xaneiro de 1922, dirixido por Antón Alonso Ríos. Posteriormente foi dirixido por Eduardo Blanco Amor, Sebastián Guerrero e Antonio Fernández Lorenzo (1928).El Despertar Gallego, 5-8-1928, p. 8. En outubro de 1929 volveu á dirección Antón Alonso Ríos.El Despertar Gallego, 20-10-1929, p. 1. Entre os seus redactores figuraron Ramón Suárez Picallo, que foi secretario de redacción, Agustín Infante, Pedro Campos Couceiro, Vicente Paz Infante, Julio Sigüenza, Emilio Pita e Aurora M. Carballo.

Inclúiu crónicas e noticias das súas actividades así como información interna da Federación (informes da xunta executiva, consello federal, asembleas, debates, disensións internas etc.); información local galega e da propia colectividade (na que se critica o papel das autoridades consulares); artigos de carácter político, nos que se reflexiona sobre a situación galega e española dende unha perspectiva agrarista (mesmo recollendo ou facendo chamamentos á mobilización agraria). Tamén aparecen traballos cunha temática moi variada sobre a instrución, a cooperación, o antiimperialismo etc.

A publicación foi evolucionando, ao mesmo tempo que as correntes dentro da propia Federación, dende unha perspectiva socialista a ter unha orientación nacionalista, o que provocou numerosas controversias na mesma e rematou coa ruptura da Federación, continuando a publicación como voceiro do sector nacionalista ata o ano 1930.

Foi substituído por Galicia.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Publicacións impresas da diáspora galega Ligazóns externas

Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Cultura de Buenos Aires