A Protohistoria é un período da historia da humanidade posterior á prehistoria e anterior á historia propiamente dita.

Acepcións Atópanse dúas acepcións: Segundo a escola francesa, unha sociedade pertence a a Protohistoria cando, a pesar de ser unha cultura ágrafa, tense noticias escritas sobre ela mediante fontes indirectas: p.e., a cultura de La Tène e Hallstatt respecto dos escritores clásicos. Segundo a escola inglesa, as sociedades protohistóricas son aquelas en transición cara á cultura escrita, á súa vez, en proceso de formación dun Estado; en Europa, xa que logo, faría referencia á Idade dos metais.

Idade de Ferro A protohistoria adoita relacionarse coa Segunda Idade de Ferro, por ser esta a última fase da prehistoria. Dentro do período protohistórico en Europa desenvolvéronse numerosas entidades políticas semicentralizadas, que coincidiron co inicio da escritura e da metalurxia. Esas civilizacións produciron documentos epigráficos breves e posteriormente crónicas extensas, considerándose ese punto Historia antiga.

Protohistoria Europea Aplicase, sobre todo, á Idade de Bronce e boa parte da de Ferro na área occidental de Europa. Fontes de estudo As fontes para o seu estudo son case na súa totalidade arqueolóxicas, aínda que tamén se posúen tradicións orais. Tendo en conta que os milenios que van desde a invención da escritura (en distintos focos en todo o mundo, dos que Oriente Próximo foi o primeiro) ata a súa difusión por todo o mundo (particularmente para Europa e a conca do Mediterráneo no caso citado), poden utilizarse as fontes escritas por gregos, fenicios, hebreos ou exipcios para o estudo dese período en Europa (milenios IV a.C. ao I a.C.) e eses lugares, que propiamente non entraran na Historia.

Na Península Ibérica Pobos protohistóricos presentes na Península Ibérica Cántabros Ástures Vascóns; moi posiblemente en Aquitania (segundo o Libro III, De Belo Gallico de Xulio César. Celtas Iberos Tartessos Lusitanos Colonias protohistóricas na Península Ibérica Gregos Fenicios

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Idade Antiga Historiografía

Categoría:Prehistoria