Ceferino Palencia, nado en Fuente de Pedro Naharro (provincia de Cuenca) o 19 de xullo de 1859 e finado en Madrid o 22 de xullo de 1928, foi un dramaturgo español.
Traxectoria Dirixiu a compañía teatral da súa dona, a actriz María Tubau. As súas obras insérense na corrente da comedia moralizadora realista de mediados do século XIX. Logrou aplausos especialmente a partir de El guardián de la casa (1881), unha sátira contra a mala educación dos mozos. Escribiu despois outras comedias, xa de teses, como La Charra, encamiñada a demostrar os danos de adoptar costumes estranxeiros, xa naturalistas, como Nieves, xa de simple reconstrución e colorido de época, como Comediantes y toreros ou La Vicaría. Destacan tamén Cariños que matan (1882), Pepita Tudó (1901) e La bella Pinguito (1925). Foi pai do médico Ceferino Palencia Tubau, casado coa xornalista e escritora feminista Isabel Oyarzábal Smith (1878-1974). Obra
Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Dramaturgos de España Categoría:Escritores de Castela e León Categoría:Nados en Fuente de Pedro Naharro Categoría:Nados en 1859 Categoría:Finados en 1928