Homage to Catalonia é unha obra literaria de George Orwell, o seu relato persoal en primeira persoa sobre a experiencia vivida durante a guerra civil española. Editouse o 25 de abril de 1938.
Trama Orwell chegou a Barcelona en decembro de 1936 como membro do Independent Labour Party, e alistouse como miliciano do POUM, de tendencia trotskista. Foi enviado como soldado raso á fronte de Aragón. Nun permiso volveu a Barcelona, onde tomou partido nos sucesos de maio. Regresou á fronte e foi ascendido a oficial, pero un balazo na gorxa en Huesca o 20 de maio fixo que regresase a Barcelona. En xuño de 1937 ilegalizouse o POUM e comezou unha purga por parte de axentes do PCE (pro-stalinista), e Orwell viuse obrigado a fuxir de España, ó ver que moitos compañeiros de partido, mesmo estranxeiros coma el, foran apresados e fusilados.
No libro describe a súa admiración pola ausencia de estruturas de clase nalgunhas áreas dominadas por revolucionarios de orientación anarquista, que socializaran a industria, o comercio e o transporte en Barcelona, e as terras de labranza en zonas de Cataluña, Aragón e Andalucía. Orwell narra a súa chegada á Barcelona que bole a finais de 1936 na revolución libertaria, expresando a súa admiración pola mesma, e como a situación se foi degradando progresivamente, ata regresar a unha Barcelona onde mandaba a burguesía e non o proletariado, e onde a censura na prensa e as persecucións policiais estaban á orde do día.
Así mesmo, critica o control soviético do Partido Comunista de España, e as mentiras que se usaban como propaganda para a manipulación informativa. Orwell era consciente de que, aínda que se necesitaba unha mudanza radical nas sociedades occidentais, e por tanto nos países capitalistas, o socialismo soviético representaba unha amenaza para os principios que o sustentaban.
Di que España é pola súa particular idiosincracia, un bo lugar para que se dese a Revolución popular. Tamén fala moito da paisanaxe española: da nobreza da súa poboación, e da pouca seriedade á hora da puntualidade e a burocracia.
Tamén fala do movemento fascista. A intención de Franco non era instaurar un réxime dos estilos de Hitler ou Mussolini, senón máis ben volver ó feudalismo co apoio da Igrexa católica e a aristocracia.
Influencia posterior O libro de Orwell influíu decididamente nalgúns intelectuais destacados como Noam Chomsky, que declarou que é un dos seus libros favoritos:
Notas
Véxase tamén Bibliografía Orwell, George (2005). Homenaje a Cataluña. Barcelona: Virus Editorial.
Ligazóns externas www.orwell.ru texto en inglés e ruso
Categoría:Obras literarias de 1938 Categoría:Novelas en inglés Categoría:Novelas ambientadas en Barcelona Categoría:Obras sobre a guerra civil española