O hiragana (ひらがな, 平仮名, literalmente "kana liso") é un silabario xaponés, un dos catro sistemas de escrita xaponesa (os outros son katakana, kanji e rōmaji).Utilízase para:
Palabras xaponesas para as que non hai signos kanji, por exemplo partículas como kara から e sufixos como ~san さん. Cando o que escribe non coñece o kanji dunha palabra, ou a maioría dos lectores non o coñece, ou a palabra en kanji queda moi formal. Verbos e inflexións do adxectivo, por exemplo: tabemashita, 食べました (neste uso, o hiragana denomínase okurigana 送り仮名). Dar a pronuncia do kanji para lectores que non a coñecen (neste uso, o hiragana denomínase furigana 振り仮名).
Cada hiragana representa unha sílaba (tecnicamente, unha mora). A presenza do hiragana entre caracteres chineses normalmente identifica un texto como xaponés.
Romanización Hepburn do Hiragana A pronunciación de Hepburn en inglés soaba, para os xaponeses, como Hebon. Entón chámase Rōmaji de tipo Hebon. Hai outro tipo de rōmaji. Chámase Rōmaji de tipo Kunrei. Actualmente o tipo Hebon é máis común, aínda que algunha xente utiliza o tipo Kunrei.
De ter unha fonte con caracteres xaponeses, podes ver a seguinte táboa de hiragana xunto coa súa romanización Hepburn. Os kana non empregados hoxe en día amósanse en vermello.
あ aい iう uえ eお o(ya)(yu)(yo)か kaき kiく kuけ keこ koきゃ kyaきゅ kyuきょ kyoさ saし shiす suせ seそ soしゃ shaしゅ shuしょ shoた taち chiつ tsuて teと toちゃ chaちゅ chuちょ choな naに niぬ nuね neの noにゃ nyaにゅ nyuにょ nyoは haひ hiふ fuへ heほ hoひゃ hyaひゅ hyuひょ hyoま maみ miむ muめ meも moみゃ myaみゅ myuみょ myoや yaゆ yuよ yoら raり riる ruれ reろ roりゃ ryaりゅ ryuりょ ryoわ waゐ wi (actualmente うぃ)ゑ we (actualmente うぇ)を o/woん nが gaぎ giぐ guげ geご goぎゃ gyaぎゅ gyuぎょ gyoざ zaじ jiず zuぜ zeぞ zoじゃ jaじゅ juじょ joだ daぢ jiづ zuで deど doば baび biぶ buべ beぼ boびゃ byaびゅ byuびょ byoぱ paぴ piぷ puぺ peぽ poぴゃ pyaぴゅ pyuぴょ pyo
Véxase tamén Ligazóns externas Titor para escribir o hiragana, en inglés
Categoría:Silabarios Categoría:Escrita xaponesa
sv:Kana (skriftsystem)#Hiragana