350px|miniatura|Representación da constelación Cerberus. Cérbero ou Cerberus é unha antiga constelación creada por Johannes Hevelius que aparece por vez primeira no seu atlas estelar Firmamentum Sobiescianum de 1690.

As súas estrelas sempre foron asociadas coa constelación de Hércules, sendo Cérbero o can de tres cabezas que garda a entrada ao Hades, o inframundo ou inferno na mitoloxía grega.

Porén, nas máis das representacións iconográficas da constelación aparece unha serpe con tres cabezas —e non un can— apreixada pola man de Hércules. Hoxe en día non é considerada unha constelación independente, estando as súas estrelas incluídas dentro da constelación de Hércules.

Véxase tamén Mitoloxía Para máis referencias ao mito de Cerberus ver:

Hércules Hades

Astronomía Para ver as características de obxectos e estrelas da antiga constelación Cerberus ir a:

Hércules

Ligazóns externas Cerberus. Obsolete constellations (Shane Horvatin) Cerberus. Star Tales (Ian Ridpath)

Categoría:Constelacións