Denys Arcand, nado o 25 de xuño de 1941 en Deschambault, é un director, guionista, actor e produtor de cinema do Quebec. Cineasta de estilo variado e dilatada carreira, é coñecido fundamentalmente polos seus dous éxitos principais, Le Déclin de l'empire américain e a continuación dezaoito anos despois, Les Invasions barbares.

Evolución A obra cinematográfica de Denys Arcand está inserida de cheo no cinema quebequés e as súas transformacións. Nunha primeira vaga a súa obra está composta de ferintes documentais e ao tempo de filmes de ficción mostrando a realidade social e lingüística (os seus traballos normalmente son en francés malia a que o inglés asoma en momentos) do seu país.

A partir da decepción que supón a derrota no referendo pola independencia do Quebec de 1980 abandona o estilo máis radicalmente social e comeza a xerar un cinema de autor, sen esquecer os seus principios, pero buscando un maior éxito persoal chegando mesmo a filmar dous traballos en lingua inglesa. O traballo de fotografía e escenografía adecúase ás normas de Hollywood, tanto pola iluminación como polos encadramentos de evocación televisiva.

Filmografía 2007 - L'Âge des ténèbres 2003 - Les Invasions barbares 2000 - Stardom 1996 - Joyeux calvaire 1993 - Love & human remains 1991 - Montréal vu par... 1989 - Jésus de Montréal 1986 - Le Déclin de l'empire américain 1985 - Murder in the family (TV) 1984 - Le crime d'ovide plouffe 1982 - Le confort et l'indifférence 1976 - On est au coton 1975 - Gina 1973 - Réjeanne Padovani 1972 - Québec: Duplessis et après... 1972 - La maldite galette 1967 - Parcs atlantiques (curtametraxe) 1966 - Volleyball (curtametraxe) 1965 - Les montréalistes (curtametraxe) 1965 - La route de l'ouest (curtametraxe) 1964 - Champlain (curtametraxe) 1964 - Samuel de Champlain: Québec 1603 (curtametraxe) 1962 - Seul ou avec d'autres

Categoría:Directores de cinema do Canadá Categoría:Nados en 1941 Categoría:Nados no Quebec