Piñeiros é unha aldea da parroquia de Castroncelos, no concello lugués da Pobra do Brollón, na comarca de Terra de Lemos. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 27 habitantes (11 homes e 16 mulleres).

Está situada no val que se forma na ladeira do castro de Castroncelos, entre A Pobra e A Estación (Empalme).

Aldea gandeira, moitas das súas terras aínda están dedicadas a prado. No cumio do lugar, na leira da Casa de Sargento, érguese un piñeiro manso de gran tamaño.

Notas

Lugares e parroquias Lugares de Castroncelos

Parroquias da Pobra do Brollón

Categoría:Lugares da Pobra do Brollón