Compás de Debuxo, Circinus ou Compás é unha das constelacións pequenas do sur (declinación −50 a −60 graos).

Historia Esta constelación foi inventada no século XVIII, e foi inserida por Nicolas Louis de Lacaille, quen tiña unha fascinación pola ciencia secular, de onde sacou numerosos nomes para as constelacións. Dado que é unha creación do século XVIII, non foi visible para as culturas do Mediterráneo, polo que non existe mitoloxía anterior ó século XVIII asociada con esta constelación.

Estrelas principais α Circini, a estrela máis brillante da constelación, unha variable Alfa2 Canum Venaticorum cunha magnitude que varía entre 3,18 e 3,21. γ Circini, estrela dobre, onde as súas compoñentes están separadas 0,9 segundos de arco. δ Circini, estrela de magnitude 5,04, é unha estrela azul do raro tipo espectral O moi afastada de nós, a uns 6500 anos luz. AX Circini, de magnitude 5,87, é unha estrela dobre e variable cefeida. BU Circini, estrela variable Beta Cephei.

Outras estrelas con desginación de Bayer β Cir 4,07; ε Cir 4,85; ζ Cir 6,09; θ Cir 5,08; η Cir 5,16

Obxectos Notables do espazo profundo NGC 5315, nebulosa planetaria cunha estrutura en forma de X. Pismis 20, pequeno cúmulo aberto 12 arcmin ó suroeste de β Circini.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas The Deep Photographic Guide to the Constellations: Circinus Star Tales – Circinus

Categoría:Constelacións