A Voz de Vilalba foi un xornal editado en Vilalba entre 1983 e 1986. Contou con vinte e sete números e varios especiais, e unha tiraxe media de cincocentos exemplares.

Historia O xornal saíu á rúa por primeira vez o 29 de xuño de 1983. Estaba promovido por tres rapaces, Moncho Paz, Paulo Naseiro e Mario Paz (de once e doce anos). A publicación estaba integramente en galego. Entre as actividades asociadas ao xornal tivo lugar en Vilalba unha exposición de diversos xornais de todo o mundo, en 1985.

En 2007 a Universidade Rei Xoán Carlos, de Madrid, e o Instituto de Estudos Chairegos, de Vilalba publicaron unha edición facsímile do xornal. O volume, prologado por Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, contén un estudo introdutorio.

En febreiro de 2008 comezou a publicarse un blog co mesmo título, e onde colaboran os tres fundadores da Voz de Vilalba en papel. Recolle información e comentario das novas locais, así como moitas referencias a esa primeira época en papel. Cesou en 2023.

Véxase tamén Bibliografía

Corbelle, Mayte. “Periodistas precoces”. El Progreso (31-VIII-2004), p. 16. Debasa Navalpotro, Felipe R. et alii. A Voz de Vilalba. Xornal ao servizo do pobo (1983-1986). Madrid: Dickynson. 2007. González Barcia, José María. “A Voz de Vilalba”. El Progreso (13-X-2006), p. 18. Grande, Antón. “A Voz de Villalba, un xornal con carácter mensual que editan tres xóvenes escolares”. El Progreso (31-VIII-1984), p. 25. París, Manuel. “Aquela mostra de prensa mundial”. ABC (23-VII-2006), p. 40. Rodríguez, Rosa. "Xogando a ser xornalistas". Galicia-Hoxe (29-II-2008), p. 46. Roig Rechou, Blanca-Ana (dir.). Informe de Literatura 2007. Compostela: Centro Ramón Piñeiro. 2008, pp. 519–520. Varela, Froilán. “El Iescha hará un facsímil de la cabecera A Voz de Vilalba”. El Progreso (19-V-2006), p. 21.

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo Ligazóns externas Páxina da Voz de Vilalba Presentación da edición facsímile en YouTube.

Categoría:Xornais de Galicia Categoría:Xornais en lingua galega Categoría:Prensa escrita de Vilalba Categoría:1983 en Galicia Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos