Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Pomba (homónimos), Columba (homónimos).
Columba ou Pomba, é unha pequena constelación xusto ó sur de Canis Major e Lepus. Foi sacada da constelación Canis Major por Augustin Royer, en 1679.
Estrelas principais A constelación chama moi pouco a atención pola súa baixa luminosidade, a estrela máis brillante é α Columbae que ten unha magnitude de 2.65m e é do tipo espectral B7. α Columbae é chamada Phact, que vén do árabe Al-Fakhita (o pombo). A outra estrela con nome propio é Beta, β, Columbae, que ten o nome de Wazn ou Wezn, ven do árabe é significa peso, ten unha magnitude aparente de 3,12 e é do tipo espectral K2.
A constelación contén unha estrela fuxitiva, μ Columbae, a cal probablemente foi exectada dende o sistema ι Orionis.
Estrelas con designación de Bayer:
γ Col 4,36 - do tipo espectral B2; δ Col 3,85; ε Col 3,86; η Col 3,96; μ Col 5,18; ν1 Col 6,15; ν2 Col 5,28; ξ Col 4,97; ο Col 4,81; π1 Col 6,15; π2 Col 5,50; σ Col 5,52 Estrelas con designación de Flamsteed: 72 Col 5,65
Obxectos Notables do espazo profundo
NGC 2090. AR: 05h 47m 00.0s Dec: -34°14'00" (Época 2000). Galaxia espiral a 1º ó leste de alfa Col.
NGC 1792. AR: 05h 05m 12.0s Dec: -37°59'00" (Época 2000). Galaxia Redonda. Nos límites de Columba e Caelum, 3º ó sueste de gama Caeli
NGC 1851. AR: 05h 14m 06.0s Dec: -40°03'00" (Época 2000). Cúmulo globular a 8º ó suroeste de alpha Col.
Mitoloxía
Dado que foi creada no século XVII, pola separación dunha constelación xa existente, non ten mitoloxía relacionada, de forma independente.
Pode referirse a pomba que os Argonautas envían para determinar se poden pasar polo estreito do mar negro. Tamén, é a pomba que Nóe utilizou na súa arca.
dereita|380px|miniatura|Columba, a Pomba, xunto ó Can Major.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Star Tales – Columba
Categoría:Constelacións