O osco, a lingua dos oscos, formaba parte da rama sabélica dafamilia das linguas itálicas, que á súa vez era unha rama das linguas indoeuropeas, que inclúe o umbro, o latín e mais o falisco. Era falado no Samnio e na Campania, así como na Lucania e nos Abruzos.
Inscricións O osco é coñecido por inscricións que se datan desde o século V a.C. As inscricións oscas máis importantes son a Tabula Bantina e o Cippus Abellanus. O osco usou as grafías do alfabeto latino e do alfabeto grego, e mais unha serie de variedades dos vellos alfabetos itálicos. Coñécese tamén unha forma de alfabeto osco designada como nucerino.
Dialectos Os dialectos oscos comprendían falares dos samnitas, marrucinos, pelignos, vestinos, sabinos e marsos.
Algúns trazos lingüísticos O osco compartía moitos riscos comúns co latín, aínda que tiñan tamén moitas diferenzas. Por exemplo, o verbo latino volo, volui, velle e outras formas similares, provenientes da raíz do protoindoeuropeo *wel- ('querer'), estaban representados en osco por vocábulos derivados da raíz *gher ('desexar'); así, o osco herest ('desexa, quere') contrasta co latín vult ('quere'). Ao latín locus ('lugar, posto') correspondíalle en osco slaagid.
A fonoloxía osca evidencia diferenzas respecto do latín: en osco /p/ equivalía ao /kw/ (qu) latino (Osc. pis, Lat. quis); /b/ equivalía ao /v/ latino; /f/ medial en vez do /b/ ou /d/ (Osc. mefiai, Lat. mediae).
Considerado como a máis conservadora de todas as linguas itálicas coñecidas, o osco rivalizaba só co grego en manter intacto o sistema herdado de vocais con ditongos.
Exemplo dun texto osco (Cippo Abellano) ekkum[svaí píd herieset trííbarak[avúm tereí púd liímítú[m] pernúm [púís herekleís fíísnú mefi[ú íst, ehtrad feíhúss pú[s herekleís fíísnam amfr et, pert víam pússtíst paí íp íst, pústin slagím senateís suveís tangi núd tríbarakavúm lí kítud. íním íúk tríba rakkiuf pam núvlanús tríbarakattuset íúk trí barakkiuf íním úíttiuf abellanúm estud. avt púst feíhúís pús físnam am fret, eíseí tereí nep abel lanús nep núvlanús pídum tríbarakattíns. avt the savrúm púd eseí tereí íst, pún patensíns, múíníkad ta[n ginúd patensíns, íním píd e[íseí thesavreí púkkapíd ee[stit a]íttíúm alttram alttr[ús h]erríns. avt anter slagím a]bellanam íním núvlanam s]úllad víú uruvú íst . edú e]ísaí víaí mefiaí teremen n]iú staíet.
Véxase tamén Bibliografía H. H. Janssen, Oscan and Umbrian Inscriptions (Leiden 1949) E. Vetter, Handbuch der italischen Dialekte (Heidelberg 1953) Vittore Pisani, Le lingue dell'Italia antica oltre il Latino (1964)
Ligazóns externas Vocabulario osco Alfabeto osco Ulteriori dettagli sull'Osco. Osco
Categoría:Lingüística Categoría:Linguas mortas de Europa Categoría:Linguas antigas