Eva Veiga Torre nada en Ombre (Pontedeume) o 22 de outubro de 1961, é unha escritora e xornalista galega.
Traxectoria Tras realizar estudos de Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou en El Ideal Gallego e na TVG, onde desenvolveu unha polifacética e intensa actividade profesional, sobre todo na dirección e presentación de programas culturais. Neste eido foi dúas veces Premio TP e Premio Galicia de Comunicación. Asemade, presentou e dirixiu para televisión a serie documental sobre a historia da arte galega Galicia no tempo, programa que foi galardoado co Premio do Colexio de Arquitectos de Galicia e co Premio de Honra da UNESCO.
Como actriz, foi a protagonista da longametraxe A cicatriz branca, de Margarita Ledo. Unha grave enfemidade apartouna do seu traballo en Televisión pasando a dedicarse á escrita de artigos en revistas e xornais. Xunto aos músicos Fito Ares e Bernardo Martínez, formou parte do grupo poético-musical Ouriol.
En 2026 a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) homenaxeouna como A Escritora na súa Terra, co apoio da Deputación da Coruña, CEDRO, Xunta de Galicia e Concello de Pontedeume.
Obras Poesía Fuxidíos (1993). Sociedade de Cultura Valle-Inclán. Paisaxes do baleiro (1999). Xerais. ISBN 978-84-8302-450-8. A luz e as súas cicatrices (2005). ISBN Sociedade de Cultura Valle-Inclán. 106 páxs. ISBN 9788495289667. Desconcerto (2006). Biblos Clube de Lectores. 96 páxs. ISBN 978-8493506216. A frecha azul do teixo (2010). Espiral Maior. 125 páxs. ISBN 978-8492646494. Nesta hora imposible (2010). Penumbra. Con fotos de Mada Carballeira. A distancia do tambor (2014). Espiral Maior. 66 páxs. ISBN 978-84-92646-82-1. Soño e vértice (2016). Espiral Maior. 69 páxs. Silencio percutido (2017). Espiral Maior. 72 páxs. ISBN 978-8492646982. Quérote canto (2020). Galaxia. Con Baldo Ramos. 200 páxs. ISBN 978-84-9151-466-4. Mansío (2023). Bourel. Fragor do urdido (2024). O que se volve raíz / Lo que se vuelve raíz (2025). Olifante. 226 páxs. ISBN 979-13-990025-4-6. Tradución ao español de Teresa Seara.
Ensaio Santiago. Cidade de peregrinación (2002). Alfonso Costa, con Ánxeles Penas (2008).
Tradución Herbario, de Elena Poniatowska, incluído no volume A filla do filósofo, 2009, Galaxia.
Obras colectivas Alguén agarda que volva alí, 1998. A rúa e outros relatos, de Gerry Adams, 2000, Baía Edicións. Tradución con Ana Gabín Iglesias. Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega. Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney. Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior. Do máis fondo do silencio saen voces, 2006, Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña. Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora. A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium. Lois Pereiro en 17 voces, 2011, La Voz de Galicia. Preludios para Miguel Anxo Fernán-Vello, 2011, Laiovento. Tamén navegar, 2011, Toxosoutos. VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior, 2012, Deputación da Coruña. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico). De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI, 2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega. 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía. Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.
Premios Accésit do XII Premio Esquío de poesía no 1992, por Fuxidíos. Premio Sereo de Cultura Galega da Asociación Cultural Barbantia no 2011. Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño no 2013, por A distancia do tambor. Premio da AELG á mellor obra de poesía do 2014, por A distancia do tambor. Premio de poesía Concello de Carral no 2015, por Soño e vértice. Premio de poesía da Cidade de Ourense no 2015, por Silencio percutido. Premio da Crítica de poesía galega 2016, por Soño e vértice. 36 Premio Antón Lousada Diéguez 2021, por Quérote canto. 2024: Premio de Honra Fernando Rey por "facer posíbel unha televisión pública comprometida", entregado pola Academia Galega do Audiovisual.
Televisión Entre nós (1987) Mesa reservada (1988) De perfil (1989) Galicia no tempo (1991) A conta atrás (1992)
Como actriz no cinema A cicatriz branca (Margarita Ledo Andión, 2012). Nación (Margarita Ledo Andión, 2020)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Xornalistas de Pontedeume Categoría:Presentadores da TVG Categoría:Nados en Pontedeume Categoría:Nados en 1961 Categoría:Premio de Honra Fernando Rey