Este artigo trata sobre un municipio catalán, para a rúa ou camiño estreito véxase Rúa.
Calella é un municipio español da comarca do Maresme, na provincia de Barcelona, Cataluña. Para diferenciala de Calella de Palafrugell é denominada á veces Calella de la Costa.
Xeografía Calella está localizada 56 km ao norte da cidade de Barcelona, e dista 25 km de Mataró, cabeza da comarca, ao pé do mar Mediterráneo. O seu termo municipal limita cos concellos de Sant Pol de Mar a suroeste, Pineda de Mar a nordeste, Sant Cebrià de Vallalta a noroeste, e co mar a sueste.
Entidades de poboación O concello de Calella, que se estende por 8,01 km², conta coas seguintes localidades: Calella Can Carreres Kilòmetre Tres Parc de Calella Sant Quirze Valldenguli
Demografía Conta cunha poboación de
Turismo Nos últimos decenios do século XX Calella sufriu un rápido desenvolvemento turístico, iniciado na década de 1950, e culminado nos decenios que seguiron ao ano 1970.
Os principais afluxos turísticos procederon da Alemaña, de xeito tal que a localidade foi popularmente chamada Calella dos alemáns. A poboación estival chegaba a ser o tripla da que reside no período invernal.
Actualmente o turismo provén principalmente de toda Europa occidental: de Italia e da Gran Bretaña sobre todo, máis tamén de Alemaña, Países Baixos e Francia. Mais acoden tamén numerosos turistas do leste de Europa (Rusia, República Checa, Eslovaquia e Polonia).
Sitios de interese Lugares de interese, ademais das praias, son a praza de El Bunyol, as vellas torres do telégrafo, o Parc Dalmau e o paseo marítimo Manuel Puigverd. Durante o verán hai unha serie de actividades gratuítas para turistas denominadas Calella activa.
Galería fotográfica
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio web do concello Información da Generalitat de Catalunya Patrimonio histórico e artístico de Calella Museo-Arquivo Municipal de Calella