David Homedes Cameo, nado en Barcelona en 1965, é un escritor en lingua castelá, que publica a súa obra cos pseudónimos de Pablo Tusset e David Cameo.

Traxectoria Informático de profesión, no 2001 publicou Lo mejor que le puede pasar a un cruasán. Con esta novela, traducida a dez idiomas e levada ó cine no 2003 por Paco Mir, gañou o Premio Tigre Juan. Axiña foi un éxito comercial, o que lle serviu para desmarcarse como unha das voces máis interesantes da nova literatura castelá.

En agosto de 2006 publicou a súa segunda novela, o thriller En el nombre del cerdo, ambientada entre Nova York e Cataluña. En febreiro de 2009 publicouse Sakamura, Corrales y los muertos rientes, unha sátira caricaturesca da política española. En 2011 publicou Oxford 7, unha obra de ciencia ficción soft ambientada no ano 2089.

En 2014 publicou a novela Franz y Greta co pseudónimo de David Cameo, ao abandonar o estilo sarcásticoPaula Arenas, David Cameo (Pablo Tusset): '"Os invito a sacar esa parte oscura que todos llevamos dentro", 20 Minutos, 16-15-2014.

O estilo de Tusset caracterízase pola mestura da sinxeleza lexical, cun gran humorismo e a profundidade dos argumentos tratados, que van desde a psicanálise ó esoterismo, e ofrecen un retrato cínico e desencantado da realidade contemporánea.

Obra Como Pablo Tusset Lo mejor que le puede pasar a un cruasán(2001) En el nombre del cerdo (2006)"Pablo Tusset publica En el nombre del cerdo, su segunda novela" , entrevista en La Vanguardia, 28 de agosto de 2006 Sakamura, Corrales y los muertos rientes (febreiro 2009) Oxford 7 (abril 2011)

Como David Cameo Franz y Greta (2014)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista en literaturas.com "Mi lengua es la materia de la que está hecho mi pensamiento" , entrevista en La Vanguardia, 27 de febreiro de 2009 . (consultado o 3 de marzo de 2010).

Categoría:Escritores de Cataluña Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1965