Charlie e a fábrica de chocolate (en ) é un filme dirixido por Tim Burton no ano 2005, baseado no libro homónimo de Roald Dahl. Está protagonizado por Johnny Depp, que interpreta a Willy Wonka, e Freddie Highmore, que interpreta a Charlie.
Foi rodado en Yorkshire, Inglaterra, e é a segunda adaptación da novela, tras Willy Wonka e a fábrica de chocolate, dirixido en 1971 por Mel Stuart.
O guión foi escrito por John August, que xa traballara como guionista con Tim Burton no 2003 en Big Fish. August dixo que non vira a adaptación de 1971 antes de escribir o guión, e que lle preguntou a Tim Burton se debía mirala. Burton díxolle que non, polo que a nova adaptación non ten influencias da primeira.John August afirma na súa páxina persoal que non vira a película de 1971 (en inglés).
Personaxes Johnny Depp como Willy Wonka Freddie Highmore como Charlie Bucket David Kelly como Avó Joe Geoffrey Holder como Narrador Helena Bonham Carter como Mrs. Bucket Noah Taylor como Mr. Bucket Adam Godley como Mr. Teavee James Fox como Mr. Salt Deep Roy como os Oompa-Loompa Christopher Lee como Dr. Wilbur Wonka Missi Pyle como Mrs. Beauregarde Franziska Troegner como Mrs. Gloop Jordan Fry como Mike Teavee Julia Winter como Veruca Salt AnnaSophia Robb como Violet Beauregarde Philip Wiegratz como Augustus Gloop Blair Dunlop como Willy Wonka de neno Eileen Essell como Avoa Josephine David Morris como Avó George Liz Smith como Avoa Georgina
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio Oficial
Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Tim Burton Categoría:Filmes baseados en obras de Roald Dahl Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Village Roadshow Pictures Categoría:Filmes de Pinewood Studios Categoría:Filmes de Plan B Entertainment Categoría:Filmes sobre nenos Categoría:Filmes ambientados en Colorado Categoría:Filmes de 2005 con versión en galego