Nosa Señora do Pilar dos Peares é unha parroquia do concello da Peroxa, na comarca de Ourense. Segundo o IGE, en 2023 tiña 57 habitantes (24 homes e 33 mulleres). Consta dun único lugar que leva o mesmo nome.
Esta parroquia e lugar é o máis poboado do núcleo de poboación dos Peares que se estende por catro parroquias de catro concellos das provincias de Lugo e Ourense.
Aquí criouse o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.
Situación Situada a a 18 km de Ourense, a parroquia enclávase na marxe dereita do Miño, entre este e o Búbal. En fronte, na beira esquerda do Miño, desemboca neste o Sil. O Búbal e o Sil fan de límite provincial entre Lugo e Ourense.
Posúe unha estación de ferrocarril da liña Monforte de Lemos - Vigo
Lugares e parroquias Lugares dos Peares
Parroquias da Peroxa
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares da Peroxa
Categoría:Parroquias da Peroxa Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación da Nosa Señora do Pilar