Ateca é un concello español da provincia de Zaragoza situado na comarca da Comunidade de Calatayud. Ten unha área de 84,7 km². Segundo o INE en 2015 tiña 1968 habitantes, cunha densidade de poboación de 23,23 hab/km².

É unha localidade con arte mudéxar, que aparece citada no Cantar de Mio Cid.

Xeografía Está localizado na ribeira esquerda do río Jalón, na confluencia co río Manubles e preto do lugar onde conflúen o río Mesa e mais o Piedra. Hai alí unha famosa fábrica de chocolate. A altitude media do concello é de 603 msnm. A capital municipal dista uns 100 km da cidade de Zaragoza.

Nome Segundo algúns historiadores identifícase coa antiga Attacum, mencionada por Ptomoleo. Ten un sufixo celta -acum, -ecum, con xorda intervocálica conservada consonte á fonética mozárabe e aragonesa. Na época de dominio musulmán chamábase Teca, que, casualmente, en árabe significa a antiga. Porén, tamén se identificou o seu nome a través do éucaro, como un derivado de ate, "porta".

Festas 3 de febreiro, San Brais. 8 de setembro, Virxe da Peana (patronais).

Véxase tamén

Outros artigos SEAT Ateca Ligazóns externas www.AytoAteca.es

Categoría:Concellos da provincia de Zaragoza