As linguas dárdicas son un grupo de linguas indoiranias faladas na parte oriental de Afganistán, no norte de Paquistán (NWFP) e no disputado estado de Jammu e Caxemira.
O grupo dárdico foi tradicionalmente definido coma un subgrupo das linguas indoarias as que experimentaron unha forte influencia dende as linguas nuristanias e as linguas iranias. O nuristanés, un grupo de linguas faladas no nordeste Afganistán, ás veces foi incluído no grupo dárdico, pero hoxe menténse coma un grupo independente, coma un dos tres subgrupos do indoiranio.Morgenstierne, G. Irano-Dardica. Wiesbaden 1973; Morgenstierne, G. Die Stellung der Kafirsprachen. In Irano-Dardica, 327-343. Wiesbaden, Reichert 1975
O iranista noruegués Georg Morgenstierne escribiu que o Chitral é a área de máis diversidade lingüística do mundo. Aínda que do dárdico o khowar é a lingua máis predominante do Chitral, máis de dez linguas fálanse nesta área. Estas inclúen as dárdicas calaxa-mun, palula, dameli, gawar-bati, as nuristanís, idgá, buruxasquí, guxar, vakhí, a lingua kirguiz, as linguas iranias taxico e paxtó. Moitas destas linguas non se usan na escritura, non teñen unha norma gráfica para escribílas. Ás veces para redactar unha carta usan o sistema urdú ou persa.
Agás o caxemirés, tódalas linguas dárdicas son linguas minoritarias as que non foron o suficientemente estudadas. Na maioría dos casos son faladas en áreas de difícil acceso debido ás montañas e/ou aos conflitos armados da rexión. Tódalas linguas (incluíndo o caxemirés) foron influenciados polas linguas veciñas non dárdicas.
Lista das linguas dárdicas Grupo Chitral Khowar [khw], falado no (Paquistán) Calaxa [kls], falado no (Paquistán) Grupo caxemirés Caxemirés [kas], falado na (India) Grupo cohistanés (9) Bateri [btv], falado no (Paquistán) Chilisso [clh], falado no (Paquistán) Kalami [gwc], falado no (Paquistán) Gowro [gwf], falado no (Paquistán) Indo-cohistanés [mvy], falado no (Paquistán) Tirahi [tra], falado no (Afganistán) Torwali [trw], falado no (Paquistán) Wotapuri-Katarqalai [wsv], falado no (Afganistán) Kalkoti [xka], falado no (Paquistán) Grupo Cunar (8) Dameli [dml], falado no (Paquistán) Gawar-Bati [gwt], falado no (Afganistán) Grangali [nli], falado no (Afganistán) Paxai (4) Paxai oriental setentrional [aee], falado no (Afganistán) Paxai occidental setentrional [glh], falado no (Afganistán) Paxai occidental meridional [psh], falado no (Afganistán) Paxai oriental meridional [psi], falado no (Afganistán) Xumaxti [sts], falado no (Afganistán) Grupo Xina (7) Brokskat [bkk], falado na (India) Domaaki [dmk], falado no (Paquistán) Phalura [phl], falado no (Paquistán) Xina-Kohistanés [plk], falado no (Paquistán) Xina [scl], falado no (Paquistán) Savi [sdg], falado no (Afganistán) Uxoio [ush], falado no (Paquistán)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Dárdico Linguas nuristanias
Ligazóns externas Rama das linguas dárdicas
Categoría:Linguas indoarias Categoría:Linguas de Afganistán Categoría:Linguas da India Categoría:Linguas de Paquistán