Retranca é unha publicación humorística mensual galega, publicada desde novembro de 2007 ata o ano 2012, cando a empresa editora quebrou a causa da entrada en concurso de acredores da empresa distribuidora das súas revistas . Estaba dirixida polo deseñador Kiko da Silva.
Características Cada publicación dedícase a un tema concreto (feísmo, Cidade da Cultura de Galicia, tren de alta velocidade, entroido, cambio climático, series televisivas galegas ou bilingüismo en Galiza), pero tamén contaba con seccións fixas.
Colaboraron nela autores como Miguelanxo Prado, Xaquín Marín, Pinto & Chinto, Camilo Franco, Manuel Jabois ou o propio Kiko da Silva.
Desde o número 2 incluíu a publicación en branco e negro A Nosa Pedra, con textos de diversos autores.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Retranca Editora Banda deseñada Ironía Ligazóns externas Páxina web da revista Banda deseñada Consello da Cultura Galega.
Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Revistas españolas do século XXI Categoría:Humor Categoría:Revistas en lingua galega Categoría:Revistas humorísticas