Corona Australis ou Coroa Austral é unha das 48 constelacións nomeadas por Tolomeo no século II, e tamén unha das 88 constelacións modernas.
É unha constelación pequena característica dos ceos do sur que está practicamente integrada a Saxitario, bordeándoa polo norte e oeste. No leste e sur ten as constelacións de Scorpius e Telescopium respectivamente. Debaixo do arqueiro vese un pequeno semicírculo de estrelas de magnitude 4 e 5, a Coroa Austral.
Estrelas principais α Coronae Australis (Alfecca Meridiana), estrela branca de magnitude 4,10 é algo menos brillante que β Coronae Australis. β Coronae Australis, estrela amarelo-alaranxada de magnitude 4,10. γ Coronae Australis, estrela dobre de magnitude 4,23. ε Coronae Australis, con magnitude 4,83 é a binaria de contacto máis brillante do hemisferio sur. κ Coronae Australis, binaria óptica formada por dúas estrelas branco-azuladas. R Coronae Australis, estrela moi noviña do tipo Herbig Ae/Be que aínda non acadou a secuencia principal. RX J1856.5-3754, estrela de neutróns illada a uns 400-450 anos luz de distancia e posible candidata para ser unha estrela de quarks.
Obxectos Notables do espazo profundo
NGC 6541. Cúmulo globular a 15.000 anos luz do Sol que, visto cun telescopio pequeno, presenta un pequeno disco nebuloso. AR: 01h 44m 06.0s Dec: +61°53'00" (Época 2000). NGC 6729. Parte dunha rexión nebular que contén estrelas variables como R CrA e TY CrA. AR: 19h 01m 54.0s Dec: -36°57'00" (Época 2000).
Mitoloxía
Representa a coroa de loureiro que pertenceu a Quirón o centauro e algunhas veces é chamada Corona Sagittarii.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Corona Borealis Ligazóns externas Información sobre esta constelación The Deep Photographic Guide to the Constellations: Corona Australis Corona Australis photo - Star Tales – Corona Australis
esquerda|250px|miniatura|Corona Australis.
Categoría:Constelacións