Carlos Oroza Fernández, nado en Viveiro o 13 de maio de 1923"Carlos Oroza, poeta maior", artigo de Manuel Bragado en Faro de Vigo, 28 de xaneiro de 2014. e finado en Vigo o 21 de novembro de 2015, foi un poeta galego.

Traxectoria miniatura|300px|Carlos no centro cos avós Pedro e Josefa, os pais Francisco e Carmen e os irmáns María, Francisco, Luís e Gloria. Foi fillo de Francisco Oroza e de Carmen Fernández, e irmán de María, Francisco, Luís e Gloria. De novo marchou a Madrid, onde comezou a traballar nunha pensión. Na década de 1960 fíxose famoso con recitais por toda España, na liña da poesía beat. Naquel tempo fundou a revista Tropos xunto con Víctor Lizárraga e Victoria Paniagua. Participou como actor no filme ¿Por qué te engaña tu marido? (Manuel Summers, 1969), e despois pasou un ano en Eivisa. De ideoloxía libertaria e antifranquista, tivo problemas coa súa actividade poética nos anos setenta. A súa adscrición ao movemento beat foi recoñecida nos Estados Unidos, onde recibiu o premio internacional de Poesía Underground en Nova York.

En 1975 cantou xunto ao grupo Eclipse, publicando o sinxelo Malú (Ariola, 7"), coas cancións "Malú" e "Evame Malú", dous temas de rock progresivo con influencias tribais e planeantesGarcía Lloret, P.: Psicoldelia, Hippies y Undergroung en España 1965-1980.. En 1985 regresou a Galiza e viviu en Vigo até a súa morte no 2015.

A pesar de non ter unha gran cantidade de obra escrita e publicada (e os seus libros son dificilmente atopables), Carlos Oroza é coñecido pola interpretación e performance dos seus propios poemas. miniatura|Cuarto na Casa Museo de Uxío Novoneyra onde Carlos Oroza residiu.

Obra Poesía Eléncar (1974). Cabalum (1980, Ediciós do Castro). Alicia (1985). Una porción de tierra gris del norte (1996). En el norte hay un mar que es más alto que el cielo, primeira edición en 1997, revisada e ampliada en 2005 (Deputación de Pontevedra). La llama prestada (1998). Évame (2012), Editorial Elvira.

Recoñecementos Recibiu o Premio Laxeiro no ano 2008.

Levan o seu nome un centro de ensino público de Pontevedra e unha pequena rúa peonil de Vigo, que conecta as rúas do Príncipe e de Policarpo Sanz, próxima á Porta do Sol.

A asociación Évame Oroza, cun local social na Praza do Abanico de Vigo, ten como misión custodiar e promover o coñecemento e difusión do legado literario de Carlos Oroza.https://evame.org/

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Marina Oroza (filla)

Ligazóns externas Asociación Évame Oroza

Categoría:Nados en 1923 Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Finados en 2015 Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Vigueses distinguidos