María Pilar Campo Domínguez, coñecida como Marica Campo, nada no Val do Mao (O Incio) o 24 de febreiro de 1948, é unha escritora galega Ficha da autora en Editorial Galaxia.
Foi Premio da Cultura Galega, modalidade Letras en 2022. Segundo o xurado: "Pola súa prolífica traxectoria na literatura infantil e xuvenil. Cunha singular e contundente voz literaria, destaca polo seu compromiso para achegar a lingua galega ás xeracións máis novas, o seu labor pola defensa da cultura galega e polo seu activo traballo para fomentar valores como o feminismo, o ecoloxismo ou a solidariedade".
Traxectoria É a quinta de oito irmáns. Pasou os primeiros anos no Incio, pero foi á escola a Lugo. Cando tiña oito anos a familia trasladouse a Lugo para facilitar os estudos dos fillos. Aos quince anos ingresou nunha orde relixiosa coa intención de ser misioneira, e alí permaneceu cinco anos. Acudiu á Universidade Pontificia de Salamanca onde realizou estudos de Teoloxía. Obtivo o título de mestra e iniciou estudos de Filosofía e Letras.
Exerceu como mestra en varias escolas da provincia de Lugo; entre outros: Muimenta, e Castro de Rei, así como en Canarias, e despois na Mariña de Lugo, onde residiu varios anos. Posteriormente desenvolveu o seu labor profesional no IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, lugar onde se xubilou en 2008 e pasou a residir en Lugo.
Publicou os seus primeiros relatos, en castelán, na revista de maxisterio Contacto y acción. Comezou a escribir en galego durante a súa estadía no Colexio Público de Castro de Rei. Participou en concursos de poesía, prosa e teatro obtendo algúns premios. Tamén escribiu letras para o grupo musical Fuxan os ventos. Foi nomeada Chairega de Honra pola Asociación Cultural Xermolos e a Fundación Manuel María da Terra Chá en novembro de 2007.
No ano 2013 o concello de Lugo entregoulle o premio Entre mulleres. Nese mesmo ano foi homenaxeada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega na súa terra, onde ten un monólito.Homenaxe da AELG
En 2018 foi elixida protagonista da quinta edición do Día das Galegas nas Letras, pola plataforma literaria A Sega, premio que fora outorgado xa a Patricia Janeiro, María Xosé Queizán, María Victoria Moreno e Dorothé Schubarth.
Prologou varios libros. e foi pregoeira en diversos eventos culturais e festivos, como por exemplo nas festas do San Froilán de Lugo en 2017, para as que elaborou un pregón en verso.
A biblioteca do colexio Ricardo Gasset do Incio leva o nome de Marica Campo.
En 2022, mantiña semanalmente unha columna de opinión nos xornais El Progreso e Diario de Pontevedra: A tecelá en outono e recibiu o premio da Cultura Galegana categoría de letras polo seu compromiso coa lingua e a cultura galegas, co feminismo e co ecoloxismo.
Marica Campo é irmá de Tareixa Campo.
Obras miniatura|200px Poesía Tras as portas do rostro (1992). Baía Edicións. 88 páxs. ISBN 978-84-9995-254-3. Pedinche luz prestada (2001). Espiral Maior. 83 páxs. ISBN 84-95625-16-4. Sextinario: trinta e seis + tres (2007). Sotelo Blanco. ISBN 978-8478245277. nós outras (2020). Chan da Pólvora. ISBN 978-8412222128. Con Menchu Lamas.
Narrativa Confusión e morte de María Balteira (1996). Baía Edicións. 144 páxs. ISBN 978-84-92630-58-5. Traducida ao inglés en 2022. Memoria para Xoana (2002). Espiral Maior. Novela curta ou relato longo en que unha violista fala coa filla que aínda non naceu para lle contar o pasado familiar e lle anunciar o futuro que soña para ela. 72 páxs. ISBN 978-84-95625-40-3. Traducida ao inglés en 2021 por Small Stations Press. En 2024: Baía, 64 páxs. ISBN 978-84-9995-444-8. miniatura|Con Tamara Andrés na Libraría Paz de Pontevedra o 21/03/2022Onde houbo lume (2010). Biblos Clube de Lectura. 112 páxs. ISBN 978-84-15086-01-7.
Teatro O Premexentes non pode cos paxaros rebezos ou Memorias dun Escribano (1984). Cadernos da Escola Dramática Galega. Peza teatral que é a alegoría dunha ditadura. Confusión de María Balteira (2006). Baía. Texto teatral baseado en dous dos relatos de Confusión e morte de María Balteira. Representada por Achádego. 144 páxs. O divino sainete (2008). UDC. 132 páxs. ISBN 9788497492775. Adaptación teatral da obra homónima de Manuel Curros Enríquez.
Literatura infanto-xuvenil Crispín do Mao, Crispín do mar ; ¡Adeus, pés! ; O enigma do menhir ; Catro pallasos (2003). Xunta de Galicia, narrativa. Abracadabras (2006). Ediciós do Castro, poesía. ISBN 978-8484852322. E Xoel aprendeu a voar (2009). Obradoiro, narrativa. (2017) Oqueleo. 224 páxs. ISBN 9788416834068. Noutra dimensión (2011). Galaxia, Col. Árbore. 220 páxs. ISBN 978-84-9865-351-9. Unha misión para Clara (2018). Oqueleo. 128 páxs. ISBN 9788416834235.
Traducións As dúas casas de Alicia de Cristelle Vallat (2013) Baía. A Terra acatarrouse de Roxane Marie Galliez (2013). Baía.
Obras colectivas Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole (1986, Concello de Lugo). Narradoras (2000, Xerais). Poemas e contos da muralla (2001, A Nosa Terra). Un futuro para a lingua (2002, Xunta de Galicia). Alma de beiramar (2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega). Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo (2003). Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2003, Fundación Araguaney). Narradio. 56 historias no ar (2003, Xerais). Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003, Espiral Maior). XVIII Festival da Poesia do Condado (2004, S. C. D. Condado). Elas 3: antoloxía poética (2004, Unión Comarcal de CCOO de Vigo). Xela Arias, quedas en nós (2004, Xerais). Escrita contemporánea, Homenaxe a Ánxel Casal (2005, Asociación de Escritores en Lingua Galega). Amor en feminino: antoloxía das poetas galegas de Rosalía á Xeración dos 80 (2006, Baía Edicións). Edición de Maximino Cacheiro Varela. Cartafol poético para Alexandre Bóveda (2006, Espiral Maior). Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero (2006, Espiral Maior/Xunta de Galicia). Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (2006, Difusora). Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008, Xerais). Letras novas (2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega). Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación (2009, Fundación Manuel María). Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009, Difusora). Xosé Chao Rego: renacer galego. (Actas do Simposio-Homenaxe) (2010, Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas). Cociñando ao pé da letra (2011, Galaxia). Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña. Premios Terras de Chamoso (2007-2009) (2011, Asociación Cultural Arumes do Corgo). Banqueiros (2012, Laiovento). 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico). No tempo de Follas novas. Unha viaxe pola literatura universal (2015, Alvarellos). 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca (2015, Biblos Clube de Lectores). Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González (2016, Fervenza). Relatos da Ulloa (2019, Instituto de Estudos Ulloáns/Gadis). Entre donas (2020). Baía Edicións. 208 páxs. ISBN 9788499953427. Dez relatos de escritoras galegas actuais colocando as mulleres no centro da historia.
Premios Mención de Honor de O Facho en 1983, por O Premexentes non pode cos paxaros rebezos ou Memorias dun Escribano. Premio de Poesía Concello de Vilalba no 1998, por Catro lúas e a da morte Premio de Narrativa Concello de Vilalba no 2001, por Memoria para Xoana. Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño no 2001, por Pedinche luz prestada. Premio da III Edición Arume de Poesía para nenos no 2006, por Abracadabras. Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega de Literatura Infantil e Xuvenil no 2007, por Abracadabras. Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega de Poesía no 2008, por Sextinario: trinta e seis + tres. 2021: Premio Follas Novas do Libro Galego por Nós outras, con Menchu Lamas: libro mellor editado 2021: VIII Caxato de Avelino Pousa Antelo coa súa irmá. 2022: Homenaxeada no Salón do Libro de Pontevedra. 2022: Premio Cultura Galega das Letras 2023: Lucense do ano
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Pardo de Neyra, Xulio (2026). Toda a eternidade nun ollar de palabras: Tareixa e Marica Campo, casa e terra. Peruchela Edicións. ISBN 979-13-991725-2-2. Ligazóns externas Entrevista de Daniel Salgado en Sermos Galiza. Recitando un poema en homenaxe a Alexandre Bóveda: 21 de marzo de 2022, Pontevedra.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados no Incio Categoría:Nados en 1948 Categoría:Día das Galegas nas Letras Categoría:Alumnos da Universidade Pontificia de Salamanca Categoría:Premios da Cultura Galega