Rubén Rodríguez Rodríguez, coñecido como Rubén Riós, nado no Riós en 1980, é un actor galego.

Traxectoria Iniciouse no mundo da televisión, con diversas colaboracións e intervencións puntuais en programas da Televisión de Galicia. Deuse a coñecer amplamente co programa de humor O rei da comedia e sobre todo coa serie de ficción Libro de familia (2005). En paralelo, foi completando a súa formación teatral co actor e director Vicente Montoto. Traballou na serie da TVG Matalobos no papel de Salva.

Deu o salto ao cinema como Martiño, un dos protagonistas de Pradolongo (2007), filme de Ignacio Vilar. Ese ano dirixiu a curta Adeus Edrada?.

Filmografía Libro de familia, 2005-2011 O bosque de Levas, 2007 A mariñeira, 2007 Oculta identidade, 2008 Pradolongo, 2008 Mínimo común múltiplo, curta de 2009 Matalobos, 2009-2010 Vilamor, 2012

Galería de imaxes

Véxase tamén

Categoría:Actores do Riós Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Nados no Riós Categoría:Nados en 1980