Santiago Jaureguízar Ortiz de Zarate, coñecido como Jaureguizar, nado en Bilbao o 14 de agosto de 1965, é un xornalista e escritor galego.
Traxectoria Nacido en Bilbao, viviu a infancia e mocidade en Ribadeo. Fixo estudos de Dereito na Universidade de Santiago. Xornalista de profesión, desenvolve o seu labor no xornal El Progreso de Lugo na sección de Cultura e nas seccións Lugo inédito e Cidade xardín. No ano 2005 obtivo o Premio de xornalismo Reimóndez Portela e no 2009 o Premio Museo Provincial 2009.
Foi pioneiro na introdución da literatura galega en Internet, con proxectos como "Familia feliz" en Vieiros ou a web infimos.net. Tamén liderou durante un ano en Elvicristo Machine, grupo de narrativa trip-hop.
Os seus inicios literarios están relacionados co movemento Bravú.
Obra Novela Comendo espaguetis diante da televisión (1998). Xerais. 232 páxs. Breve crónica universal da clase obreira (2001). Sotelo Blanco. 100 páxs. As horas sucias (2001). Xerais. 176 páxs. Casa Skylab (2003). Xerais. 192 páxs. Cabaret Voltaire (2005). Galaxia. O Globo de Shakespeare (2008). Xerais. 216 páxs. Traducido ao castelán como El globo de Shakespeare en Pulp Books. Placebo (2016). Xerais. 200 páxs. ePub: ISBN 978-84-9121-095-5.
Narración curta
Fridom spik (1996). Xerais. Narracións breves. 2ª edición aumentada en 2003.
Novelas xuvenís Todo a cen (1995). Sotelo Blanco. 120 páxs. A rutina corsaria (1998). Xerais, Fóra de Xogo. 160 páxs. Salitre (2000). Xerais. Traducido ao castelán co mesmo título no 2008, en Anaya. ePub: ISBN 978-84-9121-166-2. ¡Balea morta ou lancha a pique! (2002). Xerais, Fóra de Xogo. 128 páxs. A cova das vacas mortas (2006). Xerais., Fóra de Xogo. 144 páxs. ePub: ISBN 978-84-9914-729-1. Plastilina nos pulmóns (2006). Tambre, Catavento 130 páxs. Unha cabana na lúa (2006). Baía Edicións. 116 páxs. Ilustracións de Patricia Castelao. O contador de estrelas (2009). Obradoiro-Santillana; reeditada en 2017 en Oqueleo. Os Sabuxos entran na casa do pé esquerdo (2013) Xerais. 160 páxs. Os Sabuxos divírtense no Museo Prohibido (2015). Xerais. 160 páxs. O Bosque Pálido (2017). Oqueleo.
Un misterio para Tintimán, con ilustracións de José Matalobos
Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela (2010). Xerais. 168 páxs. . A coroa de Napoleón. Un misterio para Tintimán na Coruña (2010). Xerais. 128 páxs. Amor de serea. Un misterio para Tintimán en Vigo (2013). Xerais. 128 páxs. O veleno da risa. Un misterio para Tintimán en Lugo (2014). Xerais. 152 páxs. A boca do inferno. Un misterio para Tintimán en Ourense (2017). Xerais. 144 páxs.
Teatro Estación Mir (2002). Tris Tram. Escenificada en 2013 baixo a dirección de Quin Patrolo.
Ensaio Galicia: espiritualidade verde sobre o Atlántico (2007). Xunta de Galicia. 136 páxs. Libro promocional de Galicia en xaponés concibido para a súa difusión no país do sol nacente.
Guión O Golpe (2000). Curtametraxe.
Tradución A porta de Mayo, de Gonzalo Moure (2008). Xerais.
Obras colectivas Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996). Xerais. Na boca do lobo (1998). Tris Tram. Mini-relatos, (1999). Libraría Cartabón. Ninguén está só (2001). Tris Tram. Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008). Xerais. Itinerarios histórico-musicais: Lugo (2008). Ouvirmos.
Premios Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey no 2001, por Breve crónica da historia universal da clase obreira. Premio Xerais de Novela no 2003, por Casa Skylab. Premio García Barros de Novela no 2005, por Cabaret Voltaire. Premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela no 2005, polo Concello da Estrada. Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil no 2006, por A cova das vacas mortas. Finalista II Premio de Literatura e Infantil Meiga Moura no 2006, por Unha cabana na lúa. Premio de creación literaria Terra de Melide no 2008, por O Globo de Shakespeare. Premio de xornalismo do Museo Provincial de Lugo no 2009. Premio de xornalismo Xosé Aurelio Carracedo, 2016 Premio Frei Martín Sarmiento de 1º e 2º da ESO en 2016, pola novela O veleno da risa. Premio de xornalismo Francisco Fernández del Riego 2018, polo artigo "Pólvora sen magnolia na discoteca Clangor". Finalista do Premio Nacional de Periodismo Cultural 2021, que concede o Ministerio de Cultura.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Cabaret Voltaire, o blog do autor
Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros. Artigo Pólvora sen magnolia na discoteca Clangor.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Gañadores do Premio Xerais Categoría:Escritores de literatura infantil de Galicia Categoría:Premio Jules Verne Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Nados en 1965 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Gañadores do Premio García Barros