O Consello da Mocedade foi unha agrupación política constituída a fins de 1963 por iniciativa do primeiro grupo da Unión do Pobo Galego que pretendía constituír un grupo galeguista á marxe do galeguismo cultural desenvolvido por Ramón Piñeiro.
Historia
Nesta agrupación integrouse a maior parte do grupo Brais Pinto e a UPG (Xosé Luís Méndez Ferrín, Bautista Álvarez, Reimundo Patiño, Xosé Alexandre Cribeiro) pero tamén outro grupo vencellado ao propio galeguismo cultural como Arcadio López Casanova, Salvador García-Bodaño e Xosé Luís Rodríguez Pardo. O seu secretario xeral era Antón Moreda, e en total agrupaba unhas 50 persoas. A tensión entre os dous grupos constituíntes e a súa diferente visión, un propugnando a homolagación cos países democráticos da Europa Occidental e outro moi influído pola descolonización dos países do terceiro mundo, levou á inoperatividade da organización, finalmente o grupo afín a Ramón Piñeiro que era maioritario celebrou unha xuntanza a comezos de 1964 e decidiu expulsar o sector minoritario que incluía ao secretario xeral, este grupo pouco despois refundou a UPG mentres o Consello da Mocedade deixou de actuar.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Forzas políticas de Galicia Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes Categoría:Partidos políticos desaparecidos de Galicia