Antía Otero Rodríguez, nada na Estrada o 14 de setembro de 1982, é unha poeta e actriz galega. Traxectoria miniatura|Presentando Apiario Editora na Libraría Paz de Pontevedra en xaneiro de 2020. Con Miriam Ferradáns e Elvira Ribeiro Licenciada en Historia da Arte na especialidade de arte contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela, máster en Práctica Escénica e Cultura Visual de Arte-a, Raíña Sofía e Universidade de Alcalá e máster en Historia e Estética do Cinema pola Universidade de Valladolid. Formada na Escola de teatro e danza Espazoaberto, na Escola de Teatro e Danza Espacio Aberto da man de Carlos Neira; na técnica vocal por Cristina Domínguez e Nuria Gullón; na Historia do Teatro con Deborah Pérez; en Claqué e Body Percusión por Rubén Sánchez; en cabaré e espectáculo por Ángel Burgos.

A súa traxectoria é interdisciplinar, pois vén conxugando a escrita coa arte e a interpretación, entendida a maior parte das veces dende a investigación da imaxe, a palabra e a práctica escénica.

Dende 2003 formou parte do Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). Impartiu o obradoiro de nova creación O ollo da arte en NORMAL (A Coruña). Deu recitais e sesións poéticas en moitos centros de ensino e bibliotecas. Creou con Isaac Garabatos o traballo de perfopoesía (Retro)Visor con Antonio Rodríguez forma parte do colectivo Derodríguez. Valéndose dun exercicio de metateatro e metacine e do espazo -TRANS- que ámbalas disciplinas deixan entre elas, creou con Carlos Neira Operatorio en 2011.

Dende 2014 codirixe Apiario Editora xunto con Dores Tembrás .

Vida persoal

É parella de Martiño Noriega, con quen ten unha filla e un fillo.

Obra literaria Poesía O son da xordeira (2003). Espiral Maior. 70 páxs. ISBN 84-95625-72-5. Prólogo de Marica Campo. (Retro)visor (2010). Xerais. 72 páxs. ISBN 978-8499140858. O cuarto das abellas (2016). Xerais. 80 páxs. ISBN 978-8491211280. Barroco (2022). Apiario. 68 páxs. ISBN 9788412453027.

Literatura infanto-xuvenil O branco non pinta! (2017). Apiario. 32 páxs. ISBN 978-8494321085.

Outros Rolos: Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa: [exposición] (2005). Dirección Xeral de Promoción Cultural. 32 páxs. ISBN 978-8494321085.

Obras colectivas Xela Arias, quedas en nós, 2004, Xerais. Poesía contemporánea. Tabeirós-Terra de Montes, 2005, Fervenza. Cartafol poético para Alexandre Bóveda, 2006, Espiral Maior. Poetízate. Antoloxía da poesía galega, 2006, Xerais. Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero, 2006, Espiral Maior/Xunta de Galicia. Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega. As que rubimos montañas, 2012, Meubook/Implicadas. Novas de poesía. 17 poetas, 2013, Fundación Uxío Novoneyra. Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón. Poesía Hexágono. Ollada e Experiencia. Proposta e resposta nas aulas, 2014, Apiario."Poesía Hexágono. Ollada e Experiencia. Proposta e resposta nas aulas" 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico. De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI, 2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega.

Premios Gañou VII Certame Francisco Añón co poemario De porta un Horizonte en 2003. Premio á mellor obra poética da II Gala do Libro Galego no 2017, por O cuarto das abellas. Premios VIII Gala do Libro Galego en 2023 a Barroco nas categorías de Mellor libro de poesía e Mellor libro editado.

Filmografía

Fábula. A Terra Meiga (Alén da maxia). 2003. Curtametraxe dirixida por Tomás Piard. Intérprete. MM con M de Metáfora. 2007. Documental sobre Maruxa Mallo. Dirección. Historia da arte. 2007. Curtametraxe dirixida por Javier Batanero. Intérprete. Os Atlánticos. 2008. Serie de TV para TVG. Intérprete: Silvia. Reliquias. 2009. Longametraxe para TV dirixida por Toño López. Intérprete. 24. 2010. Curtametraxe dirixida por Senem Outeiro. Intérprete. Ínsula. 2011. Curtametraxe dirixida por Senem Outeiro. Intérprete. Tamén colaborou no Luar da TVG en 2008; en O país dos ananos, TVG, 2008; en Criaturas, TVG, 2008-2010.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Encontros coa poesía: Antía Otero Páxina web de Antía Otero Blog da autora

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Actores da Estrada Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1982 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela